Joaquín Loriga Taboada


Categoría: Militar e aviador
Data de Nacemento: 23 de setembro de 1895 (†18 de xullo de 1927)
Lugar de Nacemento: Lalín
 Currículum

Estudiou a carreira militar e tras obte-lo grao de tenente é destinado a Vitoria e logo a Xetafe. En 1920 ingresa no Servicio de Aeronáutica Militar, sendo destinado a África, onde realiza moitos recoñecementos aéreos. Efectuou os cursos na Escola Superior de Aeronáutica en París e obtivo o título de Enxeñeiro Aeronáutico. En 1925 ascendeu a comandante, desempeñou o cargo de director da Escola de Transformación de Catro Ventos e foi xefe de escuadrilla. O 5 de abril de 1926 inicia unha gran viaxe ata Extremo Oriente, saíndo desde Catro Ventos, e chegando tras moitas peripecias a Manila o 13 de maio de 1926. Faleceu ó ano seguinte nun accidente en Catro Ventos.

 Outros datos de interese

Recibiu a medalla militar individual e a cruz laureada de San Fernando. Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Santo Tomás e fillo adoptivo de Manila. En xuño de 1927 recibe unha gran homenaxe na súa vila natal, Lalín, a onde chegara nun avión que aterrou nos arredores de Lalín. Era a primeira vez que un avión o facía en Galicia. En 1933 inaugurouse, por subscrición popular, un monumento na súa memoria obra de Francisco Asorey.