José Domínguez Bueno


Categoría: Dramaturgo, produtor, director e actor de teatro.
Data de Nacemento: 3 de maio de 1957
Lugar de Nacemento: Irixo (Ourense)
 Currículum

José Domínguez González, que así se chama en realidade, reside en Caracas (Venezuela).

É licenciado pola Escola de Comunicación Social da Universidade Católica Andrés Bello de Caracas (1983).
Realizou cursos de dirección teatral con Horacio Peterson, Gustavo Tambascio, Javier Vidal e Carlos Giménez; e de dramaturxia con Rodolfo Santana e José Ignacio Cabrujas.
Participou en varios encontros de Semioloxía na Universidade de Vigo e de Creación de Proxectos Escénicos no Centro de Tecnoloxía do Espectáculo en Madrid.

 Obras realizadas

Inicia as súas actividades teatrais co grupo “Autoteatro” en pezas como “Veladas Dada”, “Venus Venerius” e “Trece Insomnios”da que é coautor.
En 1984 dirixe a súa peza “Contemplaciones” na Sala Juana Sujo do Novo Grupo.
En 1986 ingresa en El Ateneo de Caracas e produce varias obras: Mariana Pineda (Lorca/Tambascio), “Chuo Gil” (Uslar/Tambascio), “Baño de Damas” (Santana/Guerra), “Ricardo III” (Shakespeare/Cabrujas) e “Hamlet” (Shakespeare/ Peterson), entre outras.
En 1988 dirixe “Primer día de resurrección” de Rodolfo Santana. Entre 1990 e 1994 produce e dirixe varias pezas de Gustavo Ott, entre as que se encontran: “Cielito Lindo”, “Nunca dije que era una niña buena”, “Passport”, “Los peces crecen con la luna”.
En 1992 estrea a súa peza infantil “Las Aventura del Rey Mono” na Sala Cadafe, dirixida por Wilfredo Zurita. Obtén o Premio de Dramaturxia “Esther Bustamante” do Novo Grupo na súa última edición (1994) con “Los Plac, sueño japonés en cuatro estaciones”, peza que estreará co Grupo Rajatabla. Con esta agrupación á que está ligado desde 1983 participou en innumerables produción, tales como “Casas Muertas” (Otero Silva/ Giménez), “La Celestina” (Rojas/Giménez), “Bolívar” (Rial/ Giménez), “Sucre” (Rial/López), “Juego de Bolas” (Santana/Blanco), “Cuentos del Bosque de Viena” (Howart/Maggelli), “Blasón de Lobos” (Valle/ Brambilla), “Del Amor y Otros Demonios” (Márquez/ Brambilla), entre moitas outras. Igualmente con Rajatabla dirixiu as reposicións dalgunhas das súas pezas cumes como “Tu País está Feliz” (Miranda/Giménez) e “Señor Presidente” (Asturias/Giménez) e realizou a posta en escea de “Buñuel, Lorca y Dalí” de Alfonso Plou, “En un lugar de La Mancha” de Javier García Montero, “Un hombre de otros tiempos” de J.A.Rial, “Trastos Viejos” de Javier Vidal, “Los Dioses del Sur” de Vicente Lira, e “Cuando Quiero llorar no lloro“ de Miguel Oero Silva, entre outras. Co Taller Nacional de Teatro dirixe: “La Casa de Bernarda Alba”, “Yerma” e “El Público” de García Lorca, e a súa peza “Plenilunio en la Casa del Dolor”, que estrea na Sala Rajatabla en 2008. En 2007 dirixe a comedia “Las Novias de Travolta” de Andrés Tulipano que estende temporada ata 2008, ano no que tamén leva a escea Water People Internacional “Algunos lo piensan, nosotros lo decimos” de Rebeca Alemán e Óscar Perdomo Marín. Recentemente estreou en Teatrex “Al Natural”, comedia de José Vicente Díaz. É cofundador do Teatro San Martín de Caracas (1993), Premio Esther Bustamante de Dramaturxia por “Los Plac”, 1994, Orden Andrés Bello (1990), Premio Municipal Académico (2000) por “La Casa de Bernarda Alba” e Orden Mariscal Antonio José de Sucre (2004). Foi produtor executivo do VII e VIII Festival Internacional de Teatro de Caracas e director do Taller Nacional de Teatro. Colaborou para Estampas, o Universal, Arte Plural, Conjunto (Cuba) e realizou o xornalismo a institucións como Fundarte El Nuevo Grupo e Rajatabla. Tamén se desempeñou como produtor, director e libretista de Televisión en Radio Caracas Televisión y como actor en Venevisión e participou en varias películas de produción nacional.
 
PEZAS TEATRAIS:
·         CONTEMPLACIONES (1984)-Estreada
·         LAS AVENTURAS DEL REY MONO (1992)-Estreada
·         LOS PLAC, Sueño Japonés en Cuatro Estaciones (1994)-Estreada
·         TERAPIA PARA UN SUICIDA (2007)
·         PLENILUNIO EN LA CASA DEL DOLOR (2008)-Estreada.