Jesús Blanco Cubeiro


Pseudónimo:Suso Cubeiro
Categoría: Ilustrador
Data de Nacemento: En 1954
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É ilustrador de natureza e libros infantís e xuvenís.

 Obras realizadas

Ten ilustrado ao longo da súa traxectoria profesional máis de 50 obras, entre as que destacan: “El secreto del Bosque Viejo” (Gadir), “El espíritu del bosque” (Everest), “Diccionario de seres fantásticos” (Espasa), “La vuelta al mundo en 80 días” (Bruño) e “Larita” (Everest) da que é tamén autor do texto.
Como ilustrador de natureza cabe destacar os centros de visitantes da aula de natureza de Chelo (A Coruña), da aula de natureza de Moreda do Courel (Lugo) e da aula de natureza do río Miño (Ourense).
A súa obra pódese atopar tamén no Museo do mar do Castelo de San Carlos de Fisterra, na lonxa turística de Fisterra, no Castelo de Santa Cruz en Oleiros e no Museo do Mar de Rianxo.