Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, desde 1987 a 1995 ocupou diferentes cargos e foi secretario xeral de FETE-UGT Galicia. Desde 1999 a 2000, foi secretario de política educativa en FETE-UGT España e secretario xeral de 2000 a 2004. Foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago (1992-95), membro pleno-permanente do Consello Escolar de Galicia (1992-2000) e membro pleno-permanente do Consello Escolar do Estado (1995-20004). Formou parte do Comité Federal de UGT desde 1994 a 2004 e representou a España no Comité Sindical Europeo da Educación e do Internacional da Educación o 23 de abril de 2004. Foi director xeral de Emigración (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais).
Ten diferentes publicacións no ámbito da Educación e da Xeografía Física e Xeomorfolóxica de Galicia.