Jesús naceu en Cangas, aínda que viviu sempre en Vigo, onde cursa os seus estudios. Dedícase desde moi novo ó debuxo en tódalas súas disciplinas. Anos máis tarde incorpórase á pintura, facendo desde entón múltiples exposicións en Galicia, Portugal, Barcelona... e participando en moitos certames de pintura en España e Portugal.
Desde 1990 ata a actualidade, fixo máis de 30 exposicións individuais, aproximadamente dúas por ano e realizou máis de 50 colectivas, aproximadamente tres por ano.
Estivo presente nos seguintes certames de pintura: Ademar (Vigo), Alianza Francesa (Vigo), Bienal Unión Fenosa (A Coruña), Concello de Tui, Concello de Tomiño (un certame por ano) e Caixa de Pontevedra.
Foi galardoado co 2º Premio na Bienal de Vilanova de Cerveira.