Jesús Alonso Gallego


Categoría: Director de orfeóns
Data de Nacemento: 4 de maio de 1864 (†15 de novembro de 1929)
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Tras recibir leccións do mestre Montenegro, foi instructor do Orfeón “La Oliva” de Vigo, fundado en 1885 e empezou a dirixilo en 1900. En 1909 organizou e dirixiu o orfeón da Sociedade de Agricultura de Teis. En 1911 trasladouse coa súa familia a Bos Aires e dirixiu o Orfeón Galego. En 1916 fundouse o Orfeón Hispano-arxentino e comezou a dirixilo.

 Outros datos de interese

En 1920 deu un concerto na Penitenciaría de Bos Aires dirixindo o Orfeón Galego, para conmemorar o centenario de Concepción Arenal.