Javier Cabo Villaverde


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 2 de novembro de 1960
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela

   Cultura
 Currículum

Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (1985) e en Xeografía e Historia (Hª da Arte) pola Universidade de Santiago (1991), doutorouse en Historia da Arte pola mesma Universidade no ano 2001. Polo que respecta á súa actividade docente, foi profesor interino de Didáctica das Artes Plásticas na Universidade de Santiago (1988) e profesor titular da Escola Universitaria de Didáctica das Artes Plásticas na Universidade de Santiago (1989). En agosto de 1985 recibiu unha bolsa de pintura de paisaxe en Pontevedra da Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
-1992: Galería Sargadelos (Santiago) e Club Financieiro Atlántico (A Coruña), en colaboración coa Galería Trinta de Santiago.
-1993: Galería Minotauro (Santiago).
-1993 - 94: Sala da Delegación de Cultura (Pontevedra).
-1994: Sala Mundo Creativo (Santiago).
-1995: Sala CaixaVigo (Vigo).
-1995 - 96: Sala Municipal do Concello da Coruña.
-1997: Galería Eme-c* (Santiago) e Casa de Galicia en Madrid.
-1999: Club Financieiro Atlántico (A Coruña), en colaboración con Galería Obelisco da Coruña.
-2000: Galería Eme-c* (Santiago).
-2003: Club Financieiro Atlántico (A Coruña).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
-Galería Arboreda (Hostal dos Reis Católicos, Santiago. 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001 e 2002)
-1988: Sala da Caixa de Aforros de Pontevedra.
-1990: Arte Xoven Galega (Vigo) e Galería Trinta (Santiago).
-1991: Galería Citania (Santiago).
-1994: Fondarte (Segovia).
-1995: Cámara de Comercio de España (Bruxelas).
-1996: Galería Egas (Santiago) e Exposición ‘Convergencias’, Club Financieiro Atlántico (A Coruña).
-1998: Arte Xove Galego 1978 – 1998, Casa das Artes (Vigo), Turisport - Semana Verde de Galicia, Silleda e Galería Obelisco (A Coruña).
-1999: Pontevedra con Centroamérica (Pontevedra), Euroamerican Gallery (Barcelona) e Hostal dos Reis Católicos (Subasta Millenium da Cruz Vermella).
-2000: III Exposición ‘Arte e Solidariedade’ (itinerante), ‘Artistas Composteláns’, Galería Citania (Santiago) e Club Financieiro Atlántico (A Coruña).
-2001: Club Financieiro Atlántico (A Coruña), Grupo Batik - Art (Barcelona) e Galería Arboreda de Ferrol (‘Arte sobre papel’).
-2002: Galería Arboreda de Ferrol (‘En torno al mar’) e DeArte, Feira de Galerías Españolas (Madrid).
-2003: DeArte, Feira de Galerías Españolas (Madrid), Galería Arboreda de Ferrol (‘Composiciones’ e ‘La figura e su entorno’), Auditorio de Galicia de Santiago (‘Botella al Agua’) e XX Supermercado da Arte (A Coruña).
-2004: Galería Arboreda de Ferrol (‘Arte Primavera’), Galería Toranto (Mostra de Arte BCN, Barcelona), Galería Nave Diez (Valencia) e Fundación Araguaney (‘Lembrando a Dalí’, Santiago).

Foi galardoado co Premio de Debuxo (Categoría infantil) no XVI Certame Nacional de Arte (Delegación Nacional da Xuventude) (1974) e premio extraordinario na XVII edición (1975), o segundo premio no Certame ‘Arte Xoven Galego’ de El Corte Inglés (Vigo, 1989), un premio de adquisición no I Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (Deputación da Coruña, 1989) e accésit no IX, X e XII Certame Mestre Mateo (Caja Sur Casa de Galicia, Córdoba, 2001, 2002 e 2004).
Ademais, foi seleccionado no II Certame de Arte Xuvenil da Comunidade de Madrid e na XVI Exposición da Academia de Belas Artes de Cádiz (1985); no III Certame de Arte Xuvenil da Comunidade de Madrid, o VI Certame Círculo Catalán de Madrid, o Certame de Pintura Goya do Concello de Madrid, o XIV Certame da Caixa de Aforros de Madrid e o III Certame Concello de Cambre (1986); no VII Certame Círculo Catalán, o XV Certame da Caixa de Aforros de Madrid, a II Bienal do Deporte na Arte de Castela la Mancha, Guadalaxara, a XVIII Exposición da Academia de Belas Artes de Cádiz, o IV Certame Concello de Cambre, a II Exposición ‘Novissimos’ do Concello de Ferrol e o I Certame de Debuxo Pérez Villaamil (1987); no I Certame do Colexio de Belas Artes de Madrid, a XX Exposición da Academia de Belas Artes de Cádiz, o VIII Certame Círculo Catalán, o IX Certame de Pintura Adaja, Ávila, a X Bienal Blanco e Negro en Madrid e o II Certame de Debuxo Pérez Villaamil de Ferrol (1988); no IX Certame Círculo Catalán e a II Bienal Araguaney de Santiago (1989); a XI Bienal Blanco e Negro, o III Certame do Colexio de Belas Artes de Madrid e o X Certame Círculo Catalán de Madrid (1990); no IV Certame do Colexio de Belas Artes de Madrid e o XI Certame Círculo Catalán de Madrid (1991); na XII Bienal Blanco e Negro de Madrid, o XII Certame Círculo Catalán e a III Bienal Araguaney (1992); na XIII Bienal Blanco e Negro, o XXXII Certame de Pintura Ejército de Madrid e o Certame Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1994); no I Certame Isidro Parga Pondal (1996); no II Premio Nelson Zúmel (1998); no VII e VIII Certame Mestre Mateo (Caja Sur - Casa de Galicia de Córdoba ) (1999 e 2000); na V Bienal Eixo Atlántico de Vigo (2001); no Premio de Pintura do Mar de Ferrol e o IV Salón de Outono da Academia de Belas Artes da Coruña (2002); no XI Certame Mestre Mateo Caja Sur - Casa de Galicia de Córdoba (2003) e no XIV Premio de Artes Plásticas Villa de Rota e o I Certame de Pintura e Deporte da Fundación Racing Club de Ferrol (2004).

 Outros datos de interese

A súa obra figura en coleccións de arte da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago.