Fernando Quesada Porto


Pseudónimo:Quesada
Categoría: Pintor, debuxante e funcionario
Data de Nacemento: 27 de agosto de 1933
Lugar de Nacemento: Ourense

   Cultura
 Currículum

É o terceiro irmán dunha familia de pintores (Antonio Quesada, Carlos Quesada, Jaime Quessada, Marieta Quesada, Poti Quesada, Xandro Quesada e Jaime Quesada (fillo). Comezou a súa actividade como humorista gráfico no xornal Faro de Vigo en 1961, colaborando máis tarde no xornal Pueblo de Madrid e nas revistas "Blanco y Negro", "Interviú", "Cambio 16", "La Actualidad Española", "La Codorniz", "Telerradio", "Posible", "Leer"...

 Obras realizadas

Publicou dez libros de debuxos de ambiente galego e ten obras nos museos de Castrelos (Vigo) e Gabroro (Bulgaria). Como pintor profesional fixo exposicións (ó redor de 60) en Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Vilagarcía, O Barco, Bienal de Arte de Pontevedra e exposicións itinerantes organizadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores en Bos Aires, Caracas, Lima, A Paz, Quito, Lisboa...

 Outros datos de interese

Entre os premios que obtivo destacan os seguintes: Premio "Mingote" de Prensa Española (ABC), Premio "Plomada Agromán", premio "Populares de Pueblo", premio da "Xunta de Galicia" (en 2 ocasións), premio "Reconquista" do Concello de Vigo, premio "Moros y Cristianos", premio da ONCE, premio "Vieira de Ouro", etc. Está casado coa pintora Ana Legido e tiveron 6 fillos (2 falecidos). Compartiu a súa actividade artística coa súa labor de funcionario de Facenda desde 1958, profesor mercantil do corpo de Xestión da Facenda Pública, inspector xefe do Servicio de Vixilancia Aduaneira e xefe provincial deste servicio en Pontevedra. Está xubilado desde agosto de 1998.