Jaime Solá Mestre


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 11 de setembro de 1874 (†9 de xaneiro de 1940)
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou Dereito en Santiago e Valladolid, aínda que profesionalmente dedicouse ó xornalismo. Dirixiu as revistas "Poquita Cosa", "Vigo Juvenil" e "Vida Gallega", a máis importante. En 1903 comprou o xornal El Independiente en Vigo, que pasou a chamarse El Noticiero. Jaime Solá tamén pasou un tempo en Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo e colaborou noutros xornais da capital.

 Obras realizadas

Como escritor publicou a novela Anduriña (1917), aparecida inicialmente na revista "Vida Gallega". Nesta revista apareceron tamén Diablillos, Mis memorias; Cuentecillos (1894) e os versos Todo malo (1895) e El nacer de un día (1919) e as novelas La mala sombra (1895), El alma de la aldea (1918), Ramo cativo (El Ribeiro de Avia) (1918) e El otro mundo (1919). Jaime Solá escribiu, ademais, a comedia El Diputado.