Isolino Nieto Caamaño


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 24 de febreiro de 1934
Lugar de Nacemento: Vilar - Tállara - Lousame (A Coruña)
 Currículum

Profesión: Oficial maior de notaría. Oficial Honorario Xubilado con máis de 50 anos de servicios continuados. Cargos nesta organización: Vocal Contador do Padroado da Mutualidade, en varios mandatos e Secretario da Comisión Auxiliar do Colexio Notarial da Coruña, tamén en diversos períodos. Medalla de Primeira Clase ó Mérito Sindical, concedida en 1971 polo Ministro de Relacións Sindicais. Secretario do Consello de Redacción da revista ?Fidelidad? e asiduo colaborador da mesma.

 Obras realizadas

1971-Recopilación: Estudio sobre o personal ó servicio das Notarías, con prólogo do Dr. Manuel de la Cámara Álvarez. 1994-Ternuras: Poemario, prologado polo Dr. Moure-Mariño. 1994-Anduriña: (Cadernos de bitácora) Novela. 1994-Orolin del Pazo: (Notario, toureiro). Novela, prologada polo notario e Académico, Vicente Luis Simó Santonja. 1995-Poemario de Chispas (Valle-Inclán e Xacobeo con debuxos de Cairo. Poemario). 1997-Poemario. Chazarel - Sonetario de los Pazos de Ulloa. Ilustracións de Cairo, prologado polo profesor José María Pérez Álvarez. 2000-La Coruña Estética Rítmica y Estática Plástica, 251 sonetos. Colaboracións en múltiples revistas literarias e periódicos. Colaborador habitual e secretario do Consello de Redacción de ?Fidelidad?, órgano oficial de expresión do corpo nacional de oficiais de notarías.

 Outros datos de interese

Títulos e Diplomas: Accademia Ferdinandea, de Catania, Italia: -"Attestado di merito" 1993 -Premio: "U liotru di Cattania" 1993. -Premio: "Catania e il suo vulcano" 1994. Accademia Internazionale di Ponzen: -"Diploma de la Corona de Argento" 1994. -"Académico de Mérito con Palma d'Argento" Outubro 1993. -"Diploma de bebenmenza de Gran Collare Académico al Mérito Litterario" 1996. Accademia Internacionale Trinacria. -Académico de Mérito por las Letras, "per l´alto valore culturare delle sue opere 1997" Doctor Honoris causa en Literatura, pola Academia de Letras e Ciencias de Maos Dadas (San Lorenzo) Brasil. Membro numerario do grupo cultural "Galicia en Madrid" 1993.