Residente en Galicia desde os 8 años é doutor en Educación Física; Máster Universitario en Alto Rendemento Deportivo pola Univ. Autónoma de Madrid.Adestrador Nacional de Atletismo. Na actualidade compaxina a docencia como profesor no Instituto Nacional de Educación Física de Galicia con labores de investigación e coas tarefas de director técnico da Federación Galega de Atletismo. Como atleta foi marquista nacional, campión de España e olímpico nos Xogos de Moscú-80. Na actualidade (2.000) aínda conserva as marcas galegas de 100, 200 e 400 metros. Estivo fichado en toda a súa vida deportiva no Real Club Deportivo da Coruña, entidade que lle concedeu a insignia de ouro e brillantes. Tamén foi preparador físico do Hóckey Club Liceo Caixa Galicia da Coruña, con Andrés Caramés como adestrador. Nesta etapa acadáronse, entre outros, os títulos de campión da Liga Nacional de primeira división, campión de Europa e campión da Copa Intercontinental. Tamén foi preparador físico da selección española de hóckey sobre patíns e subdirector do INEF de Galicia.
LIBROS: -Hornillos, I. e Tuimil, J .L. (1.994); Introducción al estudio de las habilidades atléticas. Centro gallego de documentación y ediciones deportivas; INEF de Galicia. -Hornillos, I. e Tuimil, J. L. (1.995); Habilidades atléticas básicas; Edicións Lea. Santiago. -Camiña, F.; Hornillos, I. (1.997); Adestramento en seco dos nadadores de competición; Edicións Lea. Santiago. -Hornillos, I.. (2.000) Andar y correr; Editorial Inde. Barcelona. -Hornillos, I. (2.000) Atletismo; Editorial Inde. Barcelona.