María Flor Longo Huelga


Categoría: Oviedo
Data de Nacemento: En 1945
 Currículum

Reside en Lugo dende hai máis de 30 anos.
Ademais dos estudios básicos, licenciouse en Maxisterio e exerceu a docencia durante varios anos.Asistiu a clases co pintor Pacios na década dos anos 80.
Máis tarde entrou a formar parte da escola de pintura de Xosefina Álvarez Pol.
Asiste tamén ós talleres de pintura co tamén pintor Xesús Blas Lourés.
O seu estilo sempre foi figurativo-realista utilizando, principalmente, pastel, óleo e carbón como as súas principais técnicas.
As súas especialidades son a recreación de paisaxes e bodegóns, así como os retratos utilizando o carbón.
 

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS 
2010: Exposición colectiva no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.
2009: Exposición colectiva no Círculo de Belas Artes de Lugo.
2008: Exposición colectiva no Círculo de Belas Artes de Lugo.
2004: Exposición colectiva no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.
2002: Exposición-concurso no Colexio de Médicos de Lugo.
2001: Exposición-concurso no Colexio de Médicos de Lugo.
1999: Exposición colectiva no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Lugo.
1994: Exposición colectiva na Deputación Provincial de Lugo.
 

 Outros datos de interese

PREMIOS
2002: 1º Premio na exposición-concurso do Colexio de Médicos de Lugo.
2001: 1º Premio na exposición-concurso do Colexio de Médicos de Lugo.