María Sande López


Pseudónimo:María Sande
Categoría: Historiadora e escritora
Data de Nacemento: 24 de xaneiro de 1971
Lugar de Nacemento: San Sadurniño (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

María Sande cursou estudos de inglés en Londres, é escritora, historiadora e diplomada en Graduado Social.

 Obras realizadas

A súa traxectoria profesional está vinculada ao sector privado, onde desempeñou os cargos de Directora Xerente, Directora de Proxectos de Consulting Cultural e Responsable de Planificación Estratéxica Creativa.

Dirixiu todo tipo de proxectos e exposicións, desde a xeneración da idea ata o desenvolvemento final: turismo, sanidade, naval, educación, etcétera.

É autora de proxectos como a Homenaxe ao 25 Aniversario do Estatuto de Autonomía de 1981 e o 70 Aniversario do Estatuto de Autonomía de 1936 (2006) e ten colaborado en exposicións tan exitosas como “Camiños de Paz”, por todos recordada como a mellor exposición de arte sacra nos últimos vinte anos en Galicia.

Gústalle xerar novas ideas, novos proxectos e en todos os seus traballos distínguense as tres premisas que non se cansa de repetir: calidade, perdurabilidade no tempo e fins didácticos. Non concibe unha idea con data de caducidade nin un traballo no que o seu resultado non sexa ter transmitido ou ensinado algo.

Investigadora incansable, rescata o recordo das nosas raíces culturais e históricas, co fin de compartir o traballo de investigación e continuar descubrindo a herencia dos nosos antepasados.

Está considerada como unha das mellores escritoras galegas contemporáneas de investigación histórica.

Como conferenciante, opina que non hai nada máis interesante que a historia sabendo transmitila, sempre coñecedora do público a quen se dirixe, as súas charlas resultan amenas e prácticas, ditas en tono familiar, utilizando a tradición, a anécdota, a descrición de costumes de pasadas épocas, apelando á biografía, á literatura e á arte. Xera interese no auditorio e calor de vida, tratando de ferir sempre a imaxinación co fin de fixar mellor o seu relato e conseguir sempre enganchar ao público.

O seu último libro publicado, “Un siglo de Autoridad Portuaria”, foi presentado na Gala-Homenaxe celebrada en Ferrol o 26 de agosto de 2010, cunha gran acollida entre os lectores e unha gran demanda nas vendas.

Proximamente presentará o seu novo libro “Tres siglos de Alcaldes de Ferrol” no que aborda a historia de todos os Alcaldes de Ferrol desde 1733 ata a actualidade. Á presentación e Gala-Homenaxe que se vai celebrar estímase unha asistencia mínima de 1000 persoas, incluídos membros da nobreza procedentes de toda a xeografía española.

En breve presentará dous novos libros de investigación histórica, “Los Gobernadores Civiles de Galicia” que se editará en catro tomos, un por provincia, e “Recuerdos de un muelle histórico” que recolle a historia da Autoridade Portuaria da Coruña.