Estudiou Medicina en Santiago, licenciándose con premio extraordinario. Ingresou no Corpo de Sanidade Militar e no de Médicos da Armada. Estivo destinado en África, onde foi ferido. Despois dirixiu varios hospitais de Galicia.
Baixo o pseudónimo de "Andrés Valcárcel", colaborou no xornal lucense Vanguardia Gallega, que dirixiu o seu irmán Juan Antonio.
Foille concedida a Gran Cruz de Beneficencia pola súa asistencia na peste bubónica que se declarou en Melilla.