Inmaculada Purriños Souto


Categoría: Fotógrafa
Data de Nacemento: 7 de decembro de 1978
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Filla de fotógrafos, en 1998 realiza a súa primeira exposición en Santiago, seguida de moitas outras en distintos lugares de España. En 1999 gradúase como técnico especialista en Fotografía Artística na Escola de Artes “Mestre Mateo” en Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

Hoxe en día realiza a súa actividade cotiá no seu estudio situado en Vilalba, onde comparte traballo con súa irmá Yolanda e con seus pais. Teñen outro estudio en Lugo, na Avenida da Coruña.
Ten pendente unha exposición conxunta con súa irmá Yolanda sobre flores.

 Outros datos de interese

PREMIOS:
Ten sido galardoada con varios méritos pola Federación de Fotógrafos Profesionais e obtivo varias obras con colección de honra.
Gañou o Premio Goya de Fotografía no apartado de Publicidade no ano 2003.
Primeiro Premio da Comunidade Valenciana no apartado de libre creación no 2004.
En febreiro de 2003 foi nominada nos Premios de Navarra.
Deu o seu primeiro relatorio de Fotografía en Granada, en novembro de 2003.
En decembro de 2004 recibiu o premio á mellor fotografía publicitaria que organiza a comunidade foral de Navarra.
En outubro de 2006 recibe o Premio Internacional Principado de Asturias de Fotografía Profesional (IV edición).