Constructor-promotor de Construccións Otero Pombo, S.A., é enxeñeiro técnico industrial e realizou un master en Urbanismo.
Entre as súas numerosas obras, destacan fundamentalmente a construcción e promoción de edificios residenciais, actualmente a actividade principal consiste na rehabilitación de edificios industriais (fábricas de curtidos, vaqueirías, etc.) e actuacións en paraxes e ubicacións singulares.
A Construccións Otero Pombo, S.A. foille outorgado o primeiro Premio Nacional de Arquitectura "VII Bienal de Arquitectura Manuel de la Dehesa" no ano 2003, que engloba a obra executada en España nos anos 2002 e 2003, sendo esta a primeira vez que se lle outorgou en España a unha empresa privada.