Constantino Arce Fernández


Categoría: Profesor
Data de Nacemento: En 1956
Lugar de Nacemento: Bentraces (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado e doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Psicoloxía Matemática na USC. Desempeñou, entre outras, as funcións de director do Departamento de Métodos e Técnicas de Investigación, coordinador da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento e Vicedecano da Facultade de Psicoloxía (1995-98). Estivo como profesor visitante nas Universidades de Amsterdam, Holanda (1988), Umea, Suecia (1989) e Illinois, USA (1990). É asesor científico do Ministerio de Educación e Ciencia, revisor da Revista ‘Psicothema’ e membro do Comité Editorial da ‘Revista de Metodología de las Ciencias del Comportamiento’. Foi o organizador do Congreso Nacional de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento (1993) e do Congreso Europeo de Psychometric Society (1997), promotor da investigación e a docencia en psicoloxía do deporte en Galicia, fundando o primeiro equipo de investigación, así como o primeiro máster sobre este tópico en Galicia. Tamén ten sido pioneiro ó fomenta-lo desenvolvemento da psicoloxía ambiental en Galicia, dirixindo teses de doutoramento e proxectos de investigación diversos. É autor de máis de cincuenta publicacións e documentos científico-técnicos, así como director de quince teses de doutoramento e tres de licenciatura.

 Obras realizadas

As súas mellores contribucións foron realizadas en orden a conseguir unha maior matematización da psicoloxía en Galicia e en España. É autor dos seguintes libros: ‘Teoría de la decisión individual’ (1985), ‘Introducción a la teoría de la probabilidad con algunas aplicaciones a la psicología’ (1985), ‘Correlación y regresión lineal. Una introducción aplicada a la psicología’ (1985), ‘Escalamiento multidimensional: Una técnica multivariante para el análisis de datos de proximidad y preferencia’ (1993), ‘Técnicas de construcción de escalas psicológicas’ (1994), ‘Introducción al análisis estadístico con SPSS/PC+’ (1994), ‘Tests y escalas psicológicas: Introducción teórica’ (1998), ‘Elementos de probabilidad e inferencia estadística’ (1998) e ‘Introducción al análisis estadístico con SPSS para Windows’ (1999). Tamén colaborou con outros autores en temas de interese social e político que culminaron nas seguintes obras: ‘Xuventude e política en Galicia’ (1992) e ‘Responsabilidad ecológica y gestión de los recursos ambientales’ (1997).

 Outros datos de interese

É adestrador nacional de fútbol e seleccionador galego de Fútbol-7.