Ignacio Ramonet


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: En 1944
Lugar de Nacemento: Redondela (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Ramonet criouse en Tánxer onde os seus pais, republicanos españois, se instalaron en 1948. En 1972 trasladouse a París, onde se iniciou como xornalista. É doutor en Semioloxía e Historia da Cultura pola École des Hautes Études en Sciences Sociales de París e catedrático de Teoría da Comunicación na Universidade Denis-Diderot.

Especialista en xeopolítica e estratexia internacional e consultor da ONU, estivo en todas as apostas da loita a favor dos pobos e países marxinados. Espoleador do movemento antiglobalización, foi fundador de Attac (a asociación que defende impoñer unha taxa ás transaccións financieras para a axuda aos cidadáns), un movemento internacional altermundista que promove o control democrático dos mercados financeiros. Ramonet foi tamén un dos promotores do Foro Social Mundial. É, ademais, cofundador da oenegé Media Watch Global (Observatorio internacional dos medios de comunicación), que preside.

Ramonet logrou un recoñecido prestixio mundial como director, durante 18 anos, de Le Monde Diplomatique e do bimensual Manière de voir. Aínda que deixou en marzo de 2008 a dirección da prestixiosa revista, segue vinculado a ela como presidente da empresa editora da súa edición en español, da que tamén é director. É presidente de "Mémoire des Luttes" www.medelu.org.

 Obras realizadas

É autor dunha vintena de libros, entre os que destaca Cien horas con Fidel, unha exhaustiva obra que percorre a vida, as ideas e as expectativas do líder cubano sobre o presente e o futuro do país.

É autor de "Le Krach parfait", Galilée, París (2009). www.editions-galilee.fr

 Outros datos de interese

O 27 de octubre de 2011 foi galardoado co Premio Antonio Asensio de Xornalismo en Barcelona polá súa loita constante por un mundo máis xusto e máis libre.