Manuel Durán Couto


Categoría: Empresario
Data de Nacemento: 8 de xaneiro de 1944
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Casado e pai de tres fillos, cursou Humanidades, pero nunca chegou a exercer de profesor porque pronto cambiou a Historia e a Filosofía pola empresa. É fundador da empresa "Comercial Durán", dedicada á venda de pintura, vernices, disolventes e outros productos directamente relacionados. En 1982 amplía o seu patrimonio empresarial, creando a imprenta "Gráficas Duher". Desde o 1 de marzo de 1999, é presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra.

 Obras realizadas

Durante o mandato de 1987 ata 1991, foi tenente de alcalde do Concello de Pontevedra, delegado de Policía e Bombeiros. Na corporación municipal seguiu dentro do equipo de goberno outros catro anos máis, no período 1991-95, como concelleiro responsable de Comercio, Industria e Turismo. Na Cámara de Comercio leva pertencendo durante catorce anos ó comité executivo, primeiro como vocal e desde xuño de 1998 como vicepresidente primeiro. Ademais, Manuel Durán Couto pertenceu á executiva da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa de Pontevedra (AEMPE), onde ocupou o cargo de vicepresidente.

 Outros datos de interese

É presidente fundador e patrocinador do equipo "Club Voleibol Pontevedra", que milita na Segunda División Nacional. Foi fundador do Club Galego de Automóbiles Antigos, e dá exemplo da súa paixón por estes coches, con varios modelos nas súas naves e garaxes. Ademais da súa afección polo voleibol, os coches antigos e o golf, Manuel Durán é un asiduo pescador.