Os seus estudos na E.T.S de Arquitectura de A Coruña deviñeron na especialización como fotógrafo nesta disciplina.
É membro do colectivo de fotografía Ollo de Vidro desde o ano 1994.
A súa obra pódese ver en revistas como ‘Diseño Interior’, ‘Arquitectura Viva’, ‘Proyecto Contract’, ‘20 Casas’, ‘Living Deco’, ‘Arquitectura y Diseño’, ‘Obradoiro’… ou en libros como “Arquitectura contemporánea en Galicia. Avance dunha continxencia”, publicado polo CGAC, “Arquitecturas da Provincia de A Coruña. Tomo XIII”, publicado pola Deputación da Coruña, “Artistas Arquitectos Galegos. Da Modernidade ó Século XXI”, da editorial Nova Galicia, “Rehabilitación en Vivienda”, da editorial Pencil, “Atlas of Interior Offices”, editado por Loft Publications, “Novas Imaxes da Arquitectura Docente en Galicia”, editado pola Consellería de Educación, Catálogo dos III Premios Enor de Arquitectura e “As Novas Casas Galegas”, editado pola Fundación Juana de Vega.
Entre os premios recibidos destaca o Premio á Mellor Colección no Certame da Dirección Xeral de Xuventude no ano 2002, concurso no que xa acadara un accésit no ano 1999.
Páxina web: www.santos-diez.com