Despois de cursar estudios no Conservatorio de Música e Declamación de Madrid, ingresa no Corpo de Directores de Bandas de Música Militares en 1910 e ó ano seguinte é nomeado director da Banda de Infantería de Mariña de Ferrol.
A súa obra fundamental é a ópera Cantuxa, con letra do comediógrafo Adolfo Torrado. Tamén compuxo as seguintes obras: Lugo-Ferrol; Os fillos de Canido; Himno a España; Himno a los poetas (con letra de Sofía Casanova); Gran Misa; Gloria, gloria; Al Segundo Regimiento de Infantería de Marina; El tren de la alegría e varios pasodobres.
En 1911 recibiu un premio nos Xogos Florais de Ferrol con Himno a España e en 1915 obtivo o primeiro premio no Certame Internacional de Bandas Militares en Vigo.