Gerardo González Otero


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 26 de decembro de 1956
Lugar de Nacemento: Soutelo de Montes (Pontevedra)
 Currículum

 
Licenciado na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.
Iniciou a súa andadura profesional no desaparecido Ministerio de Información e Turismo, concretamente na súa Dirección Xeral de Promoción Turística. Alí desenvolveu labores de redactor de diversas publicacións ministeriais. Máis tarde, e coincidindo co traspaso da Secretaría de Estado de Turismo ao Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, pasa a desempeñar o seu labor profesional no gabinete de prensa da referida Secretaría de Estado. Posteriormente é nomeado Xefe de Prensa da Asociación Española de Executivos de Finanzas.
En 1985 pasa a dirixir o Gabinete de Prensa da Real Federación Española de Fútbol. En 1990 é nomeado director de Relacións Externas deste organismo. En 1992 pasa a ocupar o primeiro cargo executivo do máximo organismo futbolístico español ao ser designado Secretario Xeral. Permanecerá neste posto ata 2003, ano no que abandona a Real Federación Española de Fútbol. Dezanove anos de intensa experiencia persoal e profesional: organización de centos de partidos, cinco Campionatos do Mundo, catro Eurocopas e un senfín de acontecementos nacionais e internacionais do máximo nivel.
En novembro de 2004 participa como candidato ás eleccións á presidencia da Real Federación Española de Fútbol.
Posteriormente da o salto ao mundo empresarial. Crea unha consultora deportiva, de representación e de comunicación G2O PUBLISPORT que desenvolve diferentes proxectos entre os que destacan as edicións do partido da pobreza -Marsella, Málaga e Fès- Amigos de Ronaldo & Amigos de Zidane, promovido pola axencia de Nacións Unidas para o desenvolvemento (PNUD); os partidos de UNICEF Champions for Africa celebrados en Sevilla e Madrid (2008 e 2009).
En paralelo desenvolve tamén outros proxectos empresariais: uns vinculados ao deseño, desenvolvemento e xestión de instalacións deportivas; outros, como OPTIMAL BALANCE, estreitamente vinculados á posta en marcha de actividades empresariais vinculadas ao deporte e, especialmente, á saúde.