Rafael Taibo


Categoría: Locutor e recitador
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Teléfono: 917349676 - 670641540
Fax: 917352140
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Tras finaliza-lo Bacharelato, inicia os seus estudios musicais na Coruña e as súas primeiras experiencias teatrais ó fundar o grupo “Tal a”. Comeza a súa carreira radiofónica na emisora local Radio Ferrol, que amplía en Radio Galicia ó trasladarse a Santiago de Compostela. Na Universidade de Santiago cursa Dereito e continúa as súas actividades teatrais no TEU. Trasládase a Madrid para formar parte do cadro de actores da Cadena Ser. Traballa en dobraxe, amplía a súa experiencia teatral e comeza as súas actividades en televisión. Especialízase en locución publicitaria e documental. Ingresa en Radio Nacional de España, que deixou ó incorporarse ó Club UNESCO de Madrid, que presidiu durante catorce anos, promocionando e dirixindo actividades científicas, educativas e culturais. En 1978 reingresa en Radio Nacional de España como comentarista musical, encargándose das transmisións musicais en directo de Radio 2 Clásica.

 Obras realizadas

Realizou algunha que outra incursión cinematográfica: “Viva la clase media” (1980), “Aquí huele a muerto” (1989), “El robobo de la jojoya” (1991) e “Un chica entre un millón” (1993). Como recitador participou nas seguintes obras: Radio Stress, de Miguel Alonso (Premio Italia, 1980), Sin orden ni concierto, de José Luis Turina (Premio Italia, 1983), Pasión según San Marcos, de Tomás Marco, Misa del gallo en la Edad Media, Laudes Creaturarum, de Goffredo Petrassi, Recital poético-coral con Coral Salva de Laredo, Lelio, op. 19b de H. Berlioz, Egmont, op. 24 de L. van Beethoven, Totemtanz, de H. Distler, Llanto por Ignacio Sánchez Mejías, de M. Ohana, Solimón y la Reina de los Pequeños, de Francisco Cano, Dramas Litúrgicos, co Grupo de Música Alfonso X el Sabio, Getseman, de Gabriel Fernández Álvez, Homenaje a Barbieri, Servicio Sagrado, de E. Bloch, Las Encantadas de T. Picker; La mota de polvo, de F. Palacios; Babar el Elefante, de F. Poulanc; La Noche, de J. De la Vega; Las Baquetas de Javier, de F. Palacios; El aprendiz de brujo, de P. Dukas, Ferdinand el toro, Alan Ridout, Las Siete Palabras de Cristo en la Cruz, de Haydn, Cántico de Mallick, de Jacobo Durán-Loriga, Una velada con H.C. Andersen, El Rey David, de A. Honegger, La Historia del soldado, de I. Stravinsky, Romance y Cantata de La Laguna Negra de Ignacio Nieva, La Peste, de R. Gerhard, Boceto Místico, de A. Náez, Pedro y el Lobo, de S. Prokofiev, Oedipus Rex, I. Stravinski, Iván el Terrible, de S. Prokofiev, Dos Melodramas, de R. Strauss, Los secretos del búho, de D. Basomba, Pablo Neruda regresa a Madrid, Divina Res es musica, Becqueriana, Escrito est en mi Alma, A Garcilaso, gravacións para a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: Lope de Vega, Góngora, Larra... (2003).