Francisco Javier Varela Tejedor


Categoría: Avogado e funcionario
Data de Nacemento: 2 de setembro de 1954
Lugar de Nacemento: Alcorcón (Madrid)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Dereito, avogado do Colexio de Madrid, diplomado pola Escola de Práctica Xurídica de Madrid, máster en Dirección e Xestión da Administración Local (Universidade de Barcelona). Posúe o Diploma de Estudios Avanzados na Universidade da Coruña. 

É directivo da Xunta de Galicia dende 1996. Funcionario de carreira da Administración Xeral do Estado, do corpo Técnico de Inspección do Transporte Terrestre (Grupo A). Desempeñou os seguintes postos: Director provincial de Transportes, Turismo e Comunicacións da Coruña (1984-1987), oficial maior (subdirector xeral) no Ministerio de Xustiza (1987), director xeral de Transportes da Xunta de Galicia (1987-1990), inspector xeral de Servicios do Ministerio de Xustiza (1990) e director territorial do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo en Galicia (1990-1992). 

Desde 1993 ata novembro de 1994 foi interventor xeral do Concello de Culleredo (A Coruña) e desde novembro de 1994 é xefe do gabinete técnico do Concello de Culleredo.

Foi Concelleiro e Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Cambre dende maio de 2007 a decembro de 2009. 

Ocupou a Xerencia de Asuntos Legais e Relacións Corporativas na empresa pública SENASA (Servizos e Estudios para a Navegación Aérea e a Seguridade Aeronáutica).

Dende o 1 de febreiro de 2010, pasa a desempeñar o posto de Director Xeral de Servizos Corporativos desa mesma empresa.

Actualmente é Director do Gabinete Técnico do Concello de Culleredo (A Coruña).

 Obras realizadas

Realizou as seguintes publicacións: Ejecutoriedad y ejecutividad de los actos administrativos; Derecho de la Seguridad Social; Organización Política y Derecho Administrativo en España; Aspectos de la Acción Protectora y Personal de la Seguridad Social; La Gestión de Personal e Incidencia del Transporte en el Desarrollo Regional; e La Guerra de Irak a través de los medios, de Editorial Buho.