Francisco Pazos González


Pseudónimo:Macoco
Categoría: Futbolista
Data de Nacemento: En 1910 (†¿?)
Lugar de Nacemento: Redondela (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou Maxisterio en Pontevedra e traballou como secretario no Xulgado de Paz de Redondela, pero acabou dedicándose ó que máis lle gustaba, o fútbol. Despois dos seus comezos futbolísticos en Redondela, foi fichado polo Celta e posteriormente polo Palencia, Leonesa, Ourense, Monforte e o Unión Sporting de Vigo, último equipo galego no que xogou antes de partir ó Brasil. En Salvador de Bahía xogou no Galicia Esporte Club, non obstante, dado que o seu salario era baixo traballou tamén como vendedor de distintas firmas de bebida. Casou con Aida Piva Pazos e tivo unha familia numerosa.