Arturo Sánchez Cidrás


Categoría: Mestre
Data de Nacemento: 22 de xullo de 1950
Lugar de Nacemento: Loira, Marín (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Descubre Bueu

Blogspot
 Obras realizadas

 

- Premio de “Xornalismo Johán Carballeira” Edición XII-2015. Gañador por unanimidade co traballo “ENTREVISTA A JOHÁN CARBALLEIRA” (Faro de Vigo 26-27/04/2014). O xurado valorou a complexidade do exercicio xornalístico e o interese de traer á actualidade unha figura histórica, como é a de Carballeira. O autor consegue superar a dificultade de facer realista esta conversa co seu interlocutor reproducindo o seu pensamento xornalístico e literario, xa que non é posible a entrevista real.

- Mención do concello de Bueu pola Letras Galegas 1999 “pola súa participación ao desenvolvemento da actividade cultural de Bueu”

- I “Premio de Ermelo” 2015. Do concello de Bueu pola “súa contribución á documentación da historia do Morrazo”.

- Premio Vila de Bueu en Recoñecemento ó Labor Cultural "polo seu compromiso, dende hai décadas, pola defensa e a promoción do patrimonio histórico e cultural" de Bueu. O xurado estivo composto por representantes da corporación, das asociacións veciñais, do comercio e da prensa que o elixiron por unanimidade.

- Profesor promotor e responsable da ‘Aula de Acuicultura' en concerto coa Consellería de Pesca desde 1988 ata 1995.

- Ponente e relator en varias dúcias de cursos ao profesorado ao longo da comunidade galega: de Matemácicas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Informática...

Con ampla experiencia no campo da informática como programador e profesor.

 

Como Programador:

Programa Educativo: "Estudio do Concello de Cangas".

Programa de "Xestión de Centros de EXB".

Programas Educativos de "Xenética, Matemáticas, Química...".

Programa de Gestión e Control de Dirección, Producción e Realización da serie de 13 capítulos, dirixida por Valentín Carrera para TVG "Os viaxeiros da Luz".

Participou na elaboración do Plan de Aproveitamento Turístico de “La Vía de la Plata” como programador informático encargado da coordinación e tratamento estatístico da enquisa á demanda. Patrocinado: Ministerio de transportes, Turismo y Comunicaciones. Secretaria Xeral de Turismo e Fondos CEE do Ano Europeo de Turismo 1990. Dirixido por Valentín Carrera Director-Xerente de IBISA TV

- Foi Pregoeiro na II Festa do Millo Corvo, na Romería de Sanamedio-Beluso do Día das Letras Galegas 2006 e na XIV Festa do Polbo de Bueu, e na XXVI Festa do “Muíño do Fausto” en Coiro-Cangas de Morrazo.

 

Bibliografía

- Autor dos libros "Bueu no exilio ruso” (2020), “Ons. A illa que navega no tempo” (2021), “Biografías I Bueu” (2022), “A escola pública en Bueu” (2023), “Biografías II: Alcaldes para un pobo” (2024) e “Bueu. Outra maneira de soñar: Historia do cine e do teatro” (2024). Todos editados polo Concello de Bueu.

- Coautor do libro "Travesía por tres momentos da historia de Bueu" Edita Deputación de Pontevedra (2017)

- Coautor do libro: "A industria da pesca salgada. Os portos de Bueu e Beluso" Edit. Consellería de Pesca da Xunta de Galicia (1998)

- Coautor das edicións dixitalizadas dos Xornais buenenses así como bibliografía e estudios da obra do intelectual Manuel Antonio Bares (Bueu 1855-Bos Aires 1945).

- Coautor do libro “CANGAS: guía de la Capital del Morrazo” Edit.: J. Bangueses Madrid. 1987. (ISBN 84-398-9795-2).

- Coautor de: "Cangas: Medio Físico”. Seminario sobre o medio do Concello de Cangas'. Ed. Concello de Cangas.

- Coautor de: "A Pesca no Concello de Cangas”. Edición realizada con la colaboración del Centro Municipal de Benestar Social del Ilmo. Ayuntamiento de Cangas. Marzo 1991. (Dep. Leg. PO-245-91).

- Coordinador da revista de estudios locais: 'O Candil' (ISSN 1137-1994) (1994-2002).

- Coordinador da edición do libro de Johán Carballeira: Cartafol de Poesía. 1996 (ISBN84-8499-9084).

- Coautor do libro “Ciencias da Natureza 1” de 1º curso da ESO (Editorial McGraw-Hill, 2000).

- Coautor do folleto das Festas Patronais de Cela 2003.

- Artigos na prensa como Diario de Pontevedra: "Fontes" (31-12-2004), "Velorio" (4-2-2005), "Sálvora" (18-2-2005), "Gaivota" (xuño-2005) . No Faro de Vigo: "Entrevista a Johán Carballeira”, "Motín no mosteiro de Ermelo", "Teatro en Bueu 1900-1985", "Johán Carballeira e o teatro: 1924-1935" y"Teatro en Bueu 1986-2017" (Inédito)

-Artigos en distintas revistas e folletos coma en Os Galos nº 7: "Os salgadeiros/conserveiros italianos en Bueu" e "Unha web e un blog onde a historia e a cultura de Bueu son os protagonistas". No nº 8 "Regateira rapaza" e "As ostras". No nº9 "A escola do Pósito de pescadores de Bueu" e "As redeiras". No nº 10 "O bergantín-goleta 'Joven Casimiro'". No nº 11 "Manuel Cabodevila, de Beluso, explorador no río Bermejo, Arxentina". No nº 12 "Bergantín San Juan Bautista da familia Gallup e Vergés". No nº 13 “Apuntamentos para a Historia da familia Lago-Carballal: emigrantes e industriais da salga na Praia de Beluso”. No 14 "O bueués José Antonio Mauricio García guerrilleiro na URRS".. No nº 15 "Ricardo Bescansa Castilla. Un bueués na industria químico-farmacéutica". No nº 16 “Preito entre empresarios da conserva de Bueu polo plaxio nos deseños. No nº 17  “Insubmisión en Bueu ao pagamento das rendas” e no nº 18 “Bueu e a extracción de algas co “Merche”.

Na revista Aunios nº 19: "As fábricas de salga en Ons". No nº20 "A escola da illa de Ons. Apuntes da biografía do mestre Joaquín Cambeiro"; no nº 21 "Apuntamentos da illa de Ons e a Falanxe"; no nº 22 "A igrexa vella da illa de Ons"; no nº 23 "O cemiterio de Ons" e no nº 24 ‘Pequena anécdotas sobre Ons (I)”, no nº 25 “Santa María da illa de Ons, Igrexa e/ou mosteiro?, no nº 27 “O legado de Staffan Mörlin / Presentación Exposición Etnográfica de Ons, no nº 28 “Luis Davila e Ons” e no nº 29 “Lembranzas en el transporte á illa de Ons (1ª parte)

Cedofeita nº 21: "Leandro del Río Carnota. Párroco de Lérez e candidato republicano (1931-1933)" e no nº 22: "Declive no Mosteiro de Lérez. Frei Leandro Hevia" no nº 23 “O río Lérez na memoria escrita da segunda metade do s. XIX", no el nº 24 "Os nenos da guerra de Bueu”, no nº 25 "José de la Torre López, carpinteiro de ribeira e vítima da represión franquista" e no nº 26 "A industria de curtidos en Bueu e o mosteiro de Lérez".

Na revista Nova Ardentía en el nº 16 “Naufrago: Manuel García Pereira, “Bobby” para os amigos”. 

Na revista do Torneo Praia 2013 de Balonmán: "Pinceladas de Bueu".