Francisco Narla


Categoría: Escritor e comandante de liña aérea
Data de Nacemento: 1978
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

A pesares da súa xuventude, ó longo da súa xa extensa carreira literaria, atrevéuse con tódolos xéneros. Publicou novela, relatos, poesía, ensaios técnicos e artigos, estes últimos relacionados fundamentalmente coa súa profesión, pero tamén coas súas aficións e filias, entre as que atopamos actividades tan dispares como os bonsáis, o tiro con arco, a pesca con mosca ou a cociña.

Polifacético onde os haxa, Francisco Narla exerce tamén como orador. Así, ten participado en diferentes foros, como centros universitarios ou programas de radio e televisión (Cuarto milenio, El guardián de la noche ou Milenio). Comprometido tamén coa defensa da cultura, abanderou proxectos como Lendaria, destinado a recuperar, protexer e divulgar a tradición máxica da súa terra, Galicia.

En 2009 publica a súa primeira novela, 'Los lobos del centeno', tras o seu éxito en España é editada en México para toda Latinoamérica. 'Caja negra', a súa segunda obra de ficción, ve a luz en novembro de 2010. E inicia 2012 publicando un tratado de aerodinámica, 'Canon de performance: masa y centrado, y planificación de vuelo'.

En 2012 chega tamén o seu gran éxito de ventas: 'Assur'. Unha apaixoante epopeia na que se narran os ataques vikingos á Península Ibérica. Gracias á boa aceptación do público e a crítica, a obra alcanza postos destacados nas listas dos máis vendidos e, cheo de agradecemento, Narla publica en 2013 unha nova novela histórica, 'Rōnin'; unha narración que nos achega ó convulso Xapón medieval.