José Antonio Costoya Puente


Categoría: Médico e investigador
Data de Nacemento: 6 de xuño de 1970
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Obtén a licenciatura en Medicina e Cirurxía pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Ó longo dos seus estudos compatibiliza a actividade académica cos seus inicios na actividade investigadora. A súa andaina profesional comeza realizando tarefas asistenciais no Sistema Nacional de Saúde, simultaneamente á súa actividade investigadora no Departamento de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, ó que se incorpora como doutorando no Programa de Endocrinoloxía. En 1997, durante os seus estudos de doutorado, realiza unha estancia na unidade U344 do INSERM, Faculté de Medecine, da Universidade París V. Un ano despois, obtén o Doutorado Europeo en Medicina e Cirurxía. En 1999, como bolseiro da Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín, comeza a súa estancia postdoutoral no Memorial Sloan-Kettering Cancer Center, Nova Iorque (EE.UU), dentro do seu Programa de Xenética do Cáncer, estancia que posteriormente prolongará ata 2004. Á súa volta dos EE.UU. incorpórase como investigador adscrito ó Departamento de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela a través do Programa ‘Parga Pondal’ e posteriormente como investigador do Programa Nacional ‘Ramón y Cajal’.

 Obras realizadas

Entre as súas contribucións científicas figuran varios capítulos de libros e artigos científicos, así como diversas comunicacións en reunións científicas tanto nacionais como internacionais.

 Outros datos de interese

É membro de diversas sociedades e academias científicas nacionais e internacionais. Foi merecedor de diversos premios de investigación. Desempeña o seu labor docente, tanto en titulacións de grao como de posgrao, na Universidade de Santiago de Compostela.