Xoan Xosé Fernández Abella


Categoría: Mestre e escritor
Data de Nacemento: 11 de setembro de 1933 († 17 de agosto de 2023)
Lugar de Nacemento: Monforte de Lemos (Lugo)
 Currículum

Mestre xubilado (Roxos 1999) e licenciado en Dereito. Antes de emigrar de 1966 a 1972 a Venezuela, publicara artigos en La hoja del lunes e La Región de Ourense, sobre Ortega y Gasset e Xaime Quesada, e o seu "Soneto a un humildre ciprés en cementerio" foi incluido en Antología Poética 1957 de Ediciones Rumbos de Barcelona, publicado en Fin de Semana (Ourense), e recitado polo autor en Radio Ourense. En 1962 participou nun recital colectivo en Ourense con Antón Tovar, Carlos Casares, Matilde Lloria, Pepe Romero, etc. Xa en Venezuela publica de 1968 a 1970 poemas en Irmandade da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, e participa na emisión radial Sempre en Galiza, de Radiodifusora Venezuela de Caracas, recitando poemas propios e alleos e lendo traballos en prosa sobre Galicia. Regresa en 1972. Ten publicados poemas no semanario La Voz de Ortigueira, nas revistas Ortegal, Ateneo Ferrolán, Poesía Galicia (Ferrol), Dorna, Encrucillada, Xistral, Técula, Poemas do arco da Vella, Chorima, San Martiño, etc. e nos xornais O Correo Galego, Galicia Hoxe, O Norte de Negreira, Tabeirós Terra de A Estrada, e a folla literaria estradense Augasverso, e artigos, estes sempre en galego, en La Voz de Ortigueira, Encrucillada e El Correo Gallego. Así, por exemplo, en agosto de 2008, na revista Irimia, Alonso Branco Torrado reproduce o soneto que Abella lle dedicou en vida o 30 de xuño de 2002, titulado A Gustavo Santiago Valencia, ou na revista Guieiro publicada por Xermolos, número 10, en 2005, onde lle dedica un poema A Paco Corral, In Memoriam.

Entre 1989 e 1991 foi membro do comité organizador da Universidade Popular de Ortigueira. Ten dado recitais individuais, por radio e televisión, e colectivos, en Venezuela, Galicia, Andalucía e Portugal. Ten dedicado moito tempo á animación cultural en presentacións, xurados e mesas redondas, dirixindo teatro ou dando conferencias.

O seu "Canto á Terra" foi musicado por Martínez Vieito e cantado pola soprano Dolores Cava, con López de Saa ó piano en 1981 en Monforte. Na súa versión a cinco voces cantouno a Coral Polifónica Ortegana, dirixida por Hixinio Rodríguez López en 1989 na Universidade Popular de Ortigueira.

Pertenceu á SAF (Sociedade de Artistas Ferroláns), AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega), Fundación Castelao, Fundación Alexandre Bóveda, Museo do Pobo Galego, Asociación Teenses pola Igualdade, Amnistía Internacional, Cruz Vermella e Cristianisme i Justícia.

Fixo a presentación do pintor Vicente Eyré na exposición no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela o 1 de xuño de 2000, onde ademais recitou un soneto dedicado a el, que foi reproducido nun catálogo posterior sobre a súa pintura. Máis tarde, co gallo da exposición que fixo no Hotel Convento I de Coreses (Zamora) o 8 de decembro de 2001, volveu presentalo e o poema escrito en galego titulado A Vicente Eyré, traduciuno ao castelán, rematando con isto a súa intervención.

Ademais, participou no proxecto audiovisual da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), escritores en 1ª Persoa, 2005, recitando un poema propio e outro de Cabanillas, cunha entrevista previa.

 Obras realizadas

OBRAS:

A) Individuais bilingües:

-Poemas galegos. Inquietudes, hallazgos y otros poemas, ilustracións de García-Mourón, Edición do autor, Viveiro, 1976.

-Escolma de poemas. Espigueo lírico, cun limiar biográfico de Siro e ilustracións da súa dona, Mercedes Álvarez Lage, Edicións do Castro, Poesía, 1990.

-Poemas de amor, loanza, condena e outros, prologado por Xesús Alonso Montero, Follas Novas (novembro 2011).

 

B) Individuais galegas:

-Poemas estradenses e catorce poemas máis, Prólogo de Baldomero Iglesias Dobarrio, "Mero", Edicións Fervenza, A Estrada, 2005.

 

C) Colectivas:

-Antología poética 1957, Ediciones Rumbos, Barcelona, 1957.

-¿Qué cousa é cousa? Libro das adiviñas, compilador Paco Martín, Galaxia, Vigo, 1985.

-Número extraordinario de homenaje a Leandro Pita Romero, La Voz de Ortigueira, nº: 3691, 27-03-1987.

-Número extraordinario de homenaje a Dámaso Calvo Moreiras, La Voz de Ortigueira, nº: 3831, 01-12-1989 (traballo ampliado e publicado posteriormente na revista Bradomín, número: 2).

-Poesía Galicia. Antología 1990, Ferrol, 1990.

-Homenaje al polígrafo eumés don Antonio Couceiro Freijomil en el primer centenario de su nacimiento, 1888-1988, Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1990.

-Poesía de Galicia. Poemas á nai, compilador Xesús López Fernández, Edición do autor, Santiago, 1999.

-Coroa Literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte, Edicións do Castro, Sada, 1999.

-47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez, Xerais, 2001.

-Alma de beiramar (A Asociación de Escritores en Lingua Galega, en contra da Marea Negra), A Nosa Terra, 2003.

-Xela Arias, quedas en nós, Xerais, 2004.

-Unidade didáctica Antonio Couceiro Freijomil (1888-1955), Sociedade Filatélica de arte e humanidades, Eume, Pontedeume, 2004.

-IV Forxa Literaria (1999), V Forxa Literaria (2001), VI Forxa Literaria (2003), VII forxa literaria (2005), etc., da Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, imprime Alvarellos, Lalín.

-Enrique Pajón, educador de Sentimientos, Linteo, Ourense, 2000.

-Testemunhos II, Ricardo Marques (in memoriam) (1962-1997), composición Two Design, impresión Ofilito, Viana do Castelo, 2000.

-Quando o Amor nao tem fronteiras, Evocando a memoria de Ricardo Marques (Médico sem Fronteiras) (1962-1997) (Poemas), Gimaraes, 2005.

-Homenaxe a Ánxel Casal, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2005.

-Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, P.E.N. Clube Galicia, 2006.

-Bernardino Graña, homenaxe no 75 aniversario, Editor Heitor Mera, Xerais, 2007.

-Enrique Líster na voz e na admiración dos poetas. De Antonio Machado a hoxe, prólogo de Xesús Alonso montero, Hipocampo amigo, Poesía, 2007.

-Os ríos pasan cheos de deus. Poesía relixiosa en galego, compilador Victorino Pérez Prieto, Editorial Toxos Outos, 2007.

-O Traque da Quenlla, Coordinación Xosé Lois García, Edita Asociación Cultural Xohán de Requeixo, Lugo, 2008.

-Non me afago sin ela, Xosé Estévez, edición do autor, (en homenaxe á súa filla Alda Naiara Estévez Goñi), 2011.

 

D) Traducións:

Tradución ao español do conto tradicional recollido en Angola por Margarida Cachada, O Macaco que quería ser gente, publicado en varios idiomas pola editorial Palpemunde, SMG, Lda- V.N. Famalicao, Guimaraes, 2009

 

E) Outros:

-Limiar na obra de Xesús Negreira Blanco, Santo Domingo de La Calzada, onde cantou a galiña despois de asada, nº:13 de "A Pinguela. Teatro escolar.", Edicións Fervenza, A Estrada, 2004.

-Limiar biográfico extenso na obra de Antonio Couceiro Freijomil, Cousiñas, Sociedade Filatélica de Arte e Humanidades "Eume", Pontedeume, 2005.

-Pórtico, limiar e traducións na obra de José Juan Pérez Gómez, "Caramiñas", Sonatas (versos). Poesías recuperadas. Artigos. Dirección editorial: Antonio González Millán, Caixa Galicia, Concello da Pobra do Caramiñal, Museo Valle-Inclán de A Pobra de Caramiñal, 2006.

 

F) Bibliografía:

-ALONSO MONTERO, Xesús: Sobre a Poesía civil de Celso Emilio Ferreiro, Encrucillada, nº: 62, Santiago, 1989.

-ALONSO MONTERO, Xesús: Celso Emilio Ferreiro para os nenos, Consellería de Cultura e Deportes, Santiago, 1989.

-ARIAS, Valentín: Avelino Pousa Antelo. Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, da colección Galegos na Historia, editorial Ir Indo (Biografías), Vigo, 2004.

-CELEIRO ÁLVAREZ, Luis: El escolar, El Faro de Veiga e La Voz de Ortigueira. Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia e Administración Pública, 1989.

-CHAO REGO, Xosé e FERNÁNDEZ ABELLA, Xoán Xosé: Escolma de poemas, Edicións do Castro, 1990, Encrucillada nº: 69, Santiago, 1990.

-FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco: Diccionario de Escritores en Lingua Galega, Edicións do Castro, Sada, 1992.

-HORTAS VILANOVA, Manuel: Andando a Terra (1977-1987), Edicións A Nosa Terra, 1990 (seudónimo de Manuel María).

-LEIRA, Xan: Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo, da Colección Memoria Viva, Acuarela Comunicación SL, 2009, (apertura do DVD cun soneto de Fernández Abella dedicado a Avelino Pousa Antelo).

-LEMA, X.M. e FERNÁNDEZ ABELLA, Xoán Xosé: "Hai que perderlle o medo a poesía", El Periódico, Xallas-Barcala, Maio 2008.

-LIÑARES GIRAUT, X. Amancio: Nas veas da diáspora. Xoán Xosé Fernández Abella, O Norte, 19/10/98, Negreira.

-LIÑARES GIRAUT, X. Amancio e REY LAMA, Gonzalo: Maruxa na Casa-Museo de Rosalía. Lembrando a Maruxa Villanueva (1906-1998), Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 1999.

-LIÑARES GIRAUT, X. Amancio: Desde Fóra. Fernández Abella no Caramiñal, La Voz de Galicia, 30-07-2008, na edición Barbanza-Muros-Noia.

-LÓPEZ LORENZO, Siro: Galicia. Poetas. Xoán Xosé Fernández Abella, La Voz de Galicia, 31/05/1986.

-MARÍN, Xaquín e FERNÁNDEZ ABELLA, Xoán Xosé: Gran Enciclopedia Galega, Tomo 22, Santiago-Xixón, 1991.

-OTERO, David: Alexandre Bóveda. Na demanda de Restauración, Edición Laiovento, 2008.

-PEREIRA, Víctor Campio: A Poesía de Fernández Abella, La Región, 22/01/2003, Ourense.

-PICALLO, Héitor: O meu primeiro diccionario, 7, Ttilirín e a poesía de hoxe, Edicións Fervenza, A Estrada, 2011.

-RAMOS, Lola: Retratos de cuerpo y alma, prólogo versado de Camilo José Cela, Ediciones L.R., 2002.

-TARRÍO VARELA, Anxo: Literatura Galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1994.

-VILAVEDRA, Dolores, (coord.) ed. al; Diccionario da literatura galega I autores, Galaxia, Vigo, 1995.

-VILAVEDRA, Dolores, (coord.) ed. al; Diccionario da literatura galega. II, Publicacións Periódicas, Galaxia, Vigo, 1997.

-VV.AA.: Quién es quién en la Galicia de los '90, El Correo Gallego, Santiago, 1993.

-VV.AA.: Autores lucenses actuais. Delegación Provincial da Consellería de Cultura. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo, Lugo, 1994.

-VV.AA.: Informe de Literatura 1999. Xunta de Galicia, 2000.

 Outros datos de interese

Notas de prensa sobre o seu falecemento:

El Progreso, 17/8/2023.