Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Inicia a súa militancia no nacionalismo dentro do movemento estudantil, formando parte da organización ERGA entre 1978-1986, da que chegou a ser secretario nacional. Participou tamén na creación dos CAF.
Militou na ANPG ata 1982, ano en que participa na fundación do que hoxe é o Bloque Nacionalista Galego. Foi membro do Consello Nacional do BNG en representación de ERGA na primeira metade dos anos oitenta, reincorporándose a este órgano na IX Asemblea Nacional, celebrada no ano 2001. Dende 1990 ata 2003 desempeñou o cargo de secretario técnico de organización do BNG. No ano 2003 foi elixido pola XI Asemblea Nacional para formar parte da Executiva Nacional, na que na actualidade desempeña a tarefa de coordinador executivo.
Foi nomeado Senador o 18 de outubro de 2005.