Fernando Llorca


Categoría: Músico e compositor
 Currículum

Dedicouse á batería desde moi novo. Foi pioneiro no jazz en Galicia co grupo de Jazz-Rock ‘Outeiro’ co que gravou un disco en 1978 ‘Ollos De Marzal’ deixando patente no mesmo as súas dotes de instrumentista e compositor. En 1982 sería un dos fundadores do grupo ‘Clunia’, co que gravou catro discos e realizou numerosas xiras e programas de TV. Colabora e acompaña en xiras a artistas da talla de: Jean Luc Vallet, Jorge Pardo, Gary Smullian, Andrezj Olejniczak, Roberto Rossi, Thomas Chapin, Mikel Rabinowitz, Kenny Wheeler, Joe Fonda, Jochim Kuhn, María Joao, Perico Sambeat, Chano Domínguez, Horacio Fumero, Paolo Fresu e outros.

 Obras realizadas

‘Fernando Llorca Atlantic Band`, é o seu último proxecto co lanzamento do primeiro disco en solitario ‘Mr. Cal’, para o que elixe unha diversidade rítmica e emocional en cada unha das súas composicións. A intensidade, a calor e a expresividade son as formas básicas que Fernando Llorca utiliza no resultado sonoro dos seus temas.