Fernando Barreiro Ríos


Categoría: Pintor e ceramista
Data de Nacemento: 16 de abril de 1973
Lugar de Nacemento: Bueu (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Obras realizadas

Obradoiros e cursos:
Encontro de Novos Artistas (1998, 1999 e 2000).
Monitor en obradoiro de elaboración de bonecos de gomaespuma, máscaras de Antroido, papel maché e cabezudos de gomaespuma en Bueu (1998, 1999 e 2000).
Curso de cantería.
Curso de formación ocupacional de escultor, modelador e ceramista (1997).
Obradoiro de emprego “Río da Fraga II” (módulo: cantería).
Participación nas Feiras de Debuxo e Gravado de Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra e A Coruña (1997, 1998, 1999 e 2000).
Participación na feira de artesanía intercéltico de Moaña (2003).

Exposicións:
Exposición de pintura na Casa da Cultura de Cangas (1992).
Exposición de pintura na Casa da Cultura de Bueu (1993).
Exposición colectiva de cerámica no Museo Manuel Torres de Marín (1998).
Exposición colectiva de cerámica no Concello de Marín (1998).
Exposición colectiva de cerámica no Concello de Bueu (1998).
Exposición colectiva de artesanía na Área Panorámica de Tui (2000).
Exposición colectiva “Arte nas mans” en Bueu (1999).
Participación no Encontro de Novos Artistas no Albergue Xuvenil de Gandarío (A Coruña, 1998, 1999, 2000).
Premios e concursos: Seleccionado na colectiva “Arte no Morrazo” (1992 e 1999).

 Outros datos de interese

É vicepresidente da Asociación “Cabaliño do Mar” de Bueu e participou no Encontro de novos artistas de Gandarío nos obradoiros de esmalte ó lume (1998), de pintura (1999) e de fotografía e técnicas audiovisuais (2000). Está inscrito na Guía Cultural de Artistas de Galicia editada pola Xunta no ano 2003.