Como escritor, a súa extensa proposta creativa ten sido presentada en marcos tan emblemáticos como a Casa de América (Madrid), o Centro Cultural San Martín (Bos Aires - Arxentina), o Teatro Rosalía de Castro (Caracas - Venezuela), a Universidade de Los Andes (Mérida - Venezuela), o Pazo Longoria da SGAE (Madrid - España), o C.C. Las Sirenas (Sevilla), a Feira Internacional de Libro de Autor (Corte Inglés - A Coruña), diferentes festivais e teatros de España, Europa e América. Prologou cerca de corenta libros e textos ou reportaxes sobre a súa obra incluíronse en multitude de revistas e periódicos de todo o mundo.
NOVELA: ‘El Efecto Doppler’ (Castelán, 1999), ‘La memoria de los triángulos’ (Castelán, 2004); ‘Mudayyan’ (Castelán e galego, 2005 e francés e inglés, 2006); ‘The memory of the Triangles’ (Inglés, 2006) y ‘La mémoire des Triangles’ (Francés, 2006).
NARRATIVA: ‘Escritos da Nación Proibida’ (Galego, 2001); ‘Corsario de Ciudad’ (Castelán, 2002 e 2003) e ‘Corsair of city’ (Inglés, 2005).
POESÍA: ‘Nas corredoiras do íntimo estronicio’ (Galego, 1985); ‘Juegos de Olvido’ (Castelán, 2001 e 2003) e ‘Oblivion Games’ (Inglés, 2006).
TEATRO: Estreou as seguintes obras de teatro: ‘Keltike’ (1984); ‘Nanta Enac Luf’ (1984); ‘Nemet ou o canto de sol do canto de sombra’ (1984); ‘Espada o prato’ (1985, traducida e estreada en castelán e catalán); ‘Cantigas para unha guerra’ (1985); ‘Altariac Eirin’ (1986); ‘O Papamoscas Vexetariano’ (1991) e ‘Petra e Karim’ (1992).
MULTIMEDIA: ‘El silencio de los árboles’ (Castelán, 2003-2004).
Participou nas seguintes antoloxías poéticas: ‘Palabras Mansas’ (Castelán, 2002); ‘II Antología Internacional Sensibilidades’ (Castelán, 2002); ‘Eñe, Antología Internacional de escritores’ (Castelán, 2003); ‘IV Antología Internacional Sensibilidades’ (Castelán, 2003); ‘V Antología Internacional Sensibilidades’ (Castelán, 2004); ‘Antología de poesía erótica: larguetto ma non tropo’ (Castelán, Venezuela, 2005); ‘Antología de narrativa: humor con extrema-unción’ (Castelán, Venezuela, 2005) e ‘Sensibilidades Oro, Antología Internacional’ (Castelán, 2005).
Participa, desde Ourense, na refundación do Partido Galeguista (PG) (1978), sendo elixido membro do Consello Nacional do PG e da executiva local de Ourense, da que chega a ser secretario; participa como congresista nos seguintes Congresos do P.G. renovando a súa condición de membro do ‘Consello Nacional’. Participa no proceso de creación da coalición electoral ‘Coalición Galega’, pero oponse á disolución do Partido Galeguista cando a coalición decide converterse en partido único. Retirado da actividade política, en 1988 volve para formar parte da Executiva Nacional resultante da alianza entre ‘Partido Nacionalista Galego’ e ‘Partido Galeguista’.
En 1990 resulta elixido presidente do ‘Consello Nacional’ do PG, que por primeira vez participa en solitario nunha contenda electoral: as Eleccións Municipais de 1991.
Redactor do manifesto ‘Galeguismo, a Identidade’, presentado o 5 de decembro de 2003, que marca a volta á actividade política do Partido Galeguista; no VIII Congreso, celebrado en Pontevedra en novembro de 2004, presenta o relatorio relativo á ‘Propuesta Galeguista de III Estatuto de Galicia’, aprobada por aclamación, e elixido Presidente do P.G.
Nos dous anos seguintes traballa na redacción definitiva da ‘Propuesta Galeguista de III Estatuto de Galicia’, que é aprobada o 12 de xuño de 2006, en Ourense, polo Consello Galeguista e que presenta ante a Comisión do Parlamento Galego para o debate e reforma do Estatuto de Galicia.
É promotor e fundador da ‘Fundación Alexandre Bóveda’ (Galicia), da ‘Federación de Ateneos Galeguistas’ (Galicia) e dos ‘Ateneos Galeguistas’ de Ourense, Santiago, A Coruña, Narón, Lugo, Terras de Lemos, Vigo, Ponteareas, O Grove, Terra Chá e Terras de Cea, do ‘Centro de Iniciativas Socioculturales - CISDER’, do ‘Clube Gastronómico Ourensán - Amigos da cociña rural da Galicia’, de ‘Alternativa Editorial’ e ‘Portal Literario’, de ‘A.C. Ourense Dixital’, da ‘A.C. Cátedra de literatura en Internet’, de ‘Kéltike Teatro’(Ourense) e do ‘Taller Experimental de Teatro’(Carballiño) , do ‘Cultural Chispeiro Chairego’ (Amoeiro), da revista ‘Eixo dos Chaos’ (Amoeiro), de ‘Libros de autor.com’, do ‘Foro internacional Letras Libres’ e de ‘NIRIP-Code’ que no seu momento foi o primeiro rexistro ‘on-line’ de autoría en Internet.
Foi director teatral das compañías ‘Kéltike Teatro’ (Amoeiro-Ourense), ‘Taller Experimental de Teatro’ (Carballiño) e ‘Orballo Teatro’ (1990-1992), coordinador do ‘Festival do Teatro Galego’ (Carballiño, edicións 1991 e 1992), promotor e creador, dentro das actividades dese festival teatral da Feira ‘Expocarballiño’ (1992). Tamén participou como actor na longametraxe ‘Fresas Amargas’ (Galicia, 1993).
Foi correspondente de ‘Faro de Vigo’ na Comarca do Carballiño (1992) e, posteriormente, da ‘Cadena COPE’, xefe de redacción de ‘Fashion & Angels’, editor e director dos quincenais ‘Periódico de Ourense’, ‘T-Space’ e ‘Quincenal do Norte’; director dos canais de televisión ‘Carballiño TV’, ‘Ourense TV - Canal 55’, ‘Alto Támega TV’, ‘Onda limia TV’, cos que conseguiu dous premios á calidade (un de ámbito español (1995) e outro de ámbito europeo (1996). Foi vicepresidente da Federación Española de TV Locais (1994-1996) e director-presentador dos programas de TV ‘Séptimo grado’ e ‘Café tertulia’.
Foi galardoado co ‘Botón de Ouro’ da Asociación ‘Fillos de Ourense’ de Caracas (Venezuela, 2003) e nomeado membro honorario da Asociación de Escritores de Mérida (Venezuela).
Páxina web: www.xabier.org