Francisco Fernández Cagiao


Categoría: Hostaleiro e deportista
Data de Nacemento: 29 de marzo de 1943
Lugar de Nacemento: Miño (A Coruña)
 Currículum

É a terceira xeración dunha familia dedicada á hostalería. É o dono de Casa Paco, un coñecido restaurante de Xubia (Ferrol), que posúe ademais unha discoteca dedicada á xente maior, con ambiente tranquilo. A especialidade da casa son os mariscos e pescados dos nosos ríos. "Casa Paco" é o restaurante máis antigo de Ferrol e comarca, foi fundado en 1904.

 Obras realizadas

Practicou distintos deportes conseguindo os seguintes resultados: Campión de España de Motonáutica en 1978, 1979, 1980 e 1981, medalla de prata ó Mérito Deportivo (Ferrol), mellor deportista da Coruña (Consello Superior de Deportes), mellor deportista Náutico (Salón Náutico de Barcelona, 1980), Insignia de Ouro do Racing de Ferrol e vencedor dos 45 minutos internacionais de Zaragoza.