Francisco Castiñeira Romar


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 15 de maio de 1977
Lugar de Nacemento: Delémont (Suíza)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Nado en Suíza, criouse na Coruña, aínda que tamén pululou por Compostela e Oviedo, residindo agora na cidade alemá de Regensburg. Titulouse de Técnico Especialista de Laboratorio, profesión na que traballa.
Gústalle ler, escribir e viaxar e fala algúns idiomas.
A vocación literaria veu tardía pero forte. Dedicouse ata o de agora á narrativa breve, gañando varios premios literarios, como por exemplo o III Certame "Suárez Ferrín”, o II Certame "Ágora Conto" do Concello de Lugo, o Certame "Cide Hamete Benengeli” outorgado por Radio France International e a Universidade Toulouse-Le Mirail, ou o ano pasado o XXVI Premio Ourense de Contos para a Mocidade.
Pódese seguir a súa andaina no seu blog literario, Chove en Ningures www.ningures.blogspot.com.

 Obras realizadas

Publicacións en solitario:
“Seica chove”, escolma de relatos breves, Baía Edicións, A Coruña (decembro de 2002). A súa segunda escolma de relatos está en preparación.

Publicacións con outros autores:
“Inventario de nubes e catro contos máis”, Xunta de Galicia (2006). O conto ‘Inventario de Nubes’ foi gañador do XXVI Premio Ourense de Contos para a Mocidade, publicado xunto cos outros gañadores.
Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo. XXX (2004) e XXXI (2005). (Edicións do Castro, 2007).

O mesmo conto “Inventario de Nubes” foi distinguido cunha mención para a súa publicación, xunto cos gañadores dese certame neses anos.

 Outros datos de interese

Varios dos seus relatos saíron noutras compilacións, tamén co gallo de ter sido premiado en certames de relato breve, ademais de en publicacións como A Trabe de Ouro e La Voz de Galicia.