Fon Román


Categoría: Músico
Data de Nacemento: En 1970
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Durante máis dunha década, o pop en castelán quedou marcado polas cancións de ‘Los Piratas’, cancións que aproximaban como ningunha a intimidade das habitacións do artista e o fan, a perfecta combinación de pop e sinceridade. Fon Román era o son íntimo e inquedo de ‘Los Piratas’, cribou os discos de electrónica e emocionou con acordes e melodías de guitarra, probablemente a mellor guitarra que soara no pop español.
‘Los Piratas’ separáronse e Fon iniciou a súa carreira en solitario. Como el di ‘despois dunha ruptura e sobre todo despois de 13 anos de relación, o mellor que un pode facer é non pararse a pensar moito’.
Realizou con Suso Saiz experimentos de laboratorio baixo o nome de ‘Trash of dreams’, a súa edición en disco foi precedida de dous anos de encerros sonoros e viaxes físicos. Fon medraba por dentro desde fóra, ‘Trash of dreams’ serviu para resolver as súas dúbidas sobre as posibilidades da arte sen linguaxe predeterminada nin esixencias de mercado. Pero era só unha parada no camiño.
‘Silencio cómodo en un jardín descuidado’ era o destino final, quizais a cristalización definitiva dunha vida como músico. Un traballo que recupera o sentido unitario e conceptual para o pop. Fon retomou e acabou cancións incompletas, engadiu outras novas, todas debían cumprir co requisito da sinceridade.
O disco ía tomando forma, a produción compartida de novo co seu compañeiro de viaxe Suso Saiz traballou con intención premeditada en melodías sen fisuras, desenvolvidas perfectamente da man de textos que foxen da interpretación e a metáfora.
Desde a introversión, un mundo de choques coa realidade, amores imposibles, logros, desexo, frustración, inquedanzas, rupturas, melancolía, amizade, vampiros, sociedades fraccionadas, escapismo e verdades cuspidas.
“Silencio cómodo en un jardín descuidado” (2006), o seu primeiro disco en solitario, foi elixido o 7º mellor disco do ano para a revista Rolling Stone.

 Obras realizadas

CONCERTOS: En 2006: Sala Sol en Madrid, Sala Greenspace en Valencia, Sala Capitol en Santiago de Compostela, Sala Fábrica en Vigo, Sala Rock en Bilbao, Central Park en Donosti, Sala BocaBoca en Pamplona, Cartaxena en Murcia e Sala Círculo en Toledo.
En 2007: Espacio Movistar en Barcelona.

ENTREVISTAS: 2006: ‘A Revista’ en TVG, Onda Madrid, Telediario TVG, www.los40.com (chat), ‘Hoy por hoy: Madrid’ en Cadena Ser, ‘La ciudad invisible’ en Radio 3, Kabuki, En Directo MTV e ‘Diario Pop’ Radio 3.

Tamén fixo música para programas de TV, curtametraxes, mesturas e temas para bandas sonoras así como para anuncios e montaxes a gran escala.
Realizou xiras por países europeos e americanos.

 Outros datos de interese

CONTACTO:
Subterfuge Records. Madrid Tel. 917000036.
Páxina Web: www.fonroman.com