Licenciada en Filosofía e Letras (Xeografía e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela. Xefa do Departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES Urbano Lugrís de A Coruña. Profesora Titora de Prácticas do Instituto de Ciencias de Educación (CAP) das Universidades de Santiago, A Coruña e Politécnica de Madrid. Vogal da xunta directiva do Seminario de Estudios Terra de Viveiro. Profesora referente do proxecto didáctico de ámbito estatal para fomentar hábitos lectores estables na poboación infantil e xuvenil: PBE (Programa Biblioteca Escuela) subvencionado pola Fundación Bertelsmann. Habitual colaboradora de El Heraldo de Vivero e da revista Tempos Novos. Ídem de Radio e Televisión. Protagonista de varios capítulos de A Memoria Cotiá, un documental de Televisión de Galicia baseado nas anécdotas e lembranzas de persoeiros dos mais variados oficios e idades, dirixido por Manolo Gómez: un percorrido sobre a evolución da sociedade galega ao longo do século XX. Crítica Literaria. Guionista, documentalista e comentarista de Literatura infantil e xuvenil: Do Cómic á Literatura Universal emitido en Localia TV no Programa Tres Piés al Gato (2003). Ídem do Programa Radiofónico de Literatura Infantil e Linguaxe Magazul emitido por Radio Voz (2003-2004). Columnista de El Mundo (1998-2002). As súas crónicas e reportaxes aparecen publicados en diversos periódicos e revistas de ámbito estatal, autonómico e local: Luís Tobío Ciencia Enteira. Rolindes Mariñeira Titulada. Principiños de Favelas. María do Cabaleiro nai do Maio Arxentino, do Nogarido, Covas-Viveiro. Cataventos. Entroido. San Andrés de Teixido. Carmen a portuguesa. A casa Barros. O Pazo do Grallal...
PUBLICACIÓNS
-Cartafol das Fontes de Viveiro. Ed. Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Agosto de 1994.
-As Carrachentas. Ed. Asociación Cultural Estabañón (Viveiro 2008).
Dende hai varios anos mantén unha BITÁCORA en Internet: http://www.finaroca.com/
PREMIOS
Gañadora do Primeiro Premio da Agrupación Cultural Sementeira (1975) cuxo xurado estaba presidido polo poeta Manuel María. Ao longo da súa vida profesional ten gañado numerosos premios Literarios e Informáticos cos seus alumnos/as. Organizadora e acompañante das excursións de fin de curso e das Rotas Literarias do seu instituto. Coordinadora do xornal escolar A Queimada gañador do Primeiro Premio Estatal convocado pola Generalitat (2003) Cataluña Tierra de Acogida ao que concursaron 50.000 periódicos escolares do Ensino Público e Privado.