-Estudiou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. -Especialista en Psiquiatría e Neurofisioloxía Clínica. -É profesor de Ciencias Psicosociais e de Enfermería Psiquiátrica na E.U.E. do Hospital "Juan Canalejo" da Coruña. -Pertence á Asociación Galega de Saúde Mental. -Cofundador de Edicións do Rueiro e da revista Man Común, colabora en Luces de Galicia.
Como ensaista ten publicado, entre outros:1971.-Xustificación de acto suicida . 1974.-Consideracións psicolóxicas sobre o bilingüismo en Galicia. 1976.-Linguaxe e desenrolo psicoafectivo. 1976.-Aprendizaxe social e conducta humana. 1977.-Sexualidade e represión (prólogo). 1978.-Psiquiatría comunitaria e Psiquiatría da comunidade. 1980.-Unha alternativa psiquiátrica para unha sociedade doente (Galicia). 1980.-Piaget: a busca das fontes do coñecemento.1980.-Basaglia: no manicomio comeza a nosa cultura. 1988.-Heteronimia e identidade: o caso Pessoa. 1991.-A intimidade do nome. 1995.-Xénese da palabra. 1996.-O saber de Manuel Antonio. 1997.-Arte e Esquizofrenia. É autor do libro Anatomía da emoción poética, Edicións do Castro, Sada, (A Coruña), 1999. Como pintor expuxo, ademais de Galicia en:-Madrid,-Barcelona (Ajuntament, 7 Formes).-Huelva (Homenaxe a Joan Brossa, Deputación).-Utrech (Casa de España).-Seattle (EE.UU.) (a Periodic2).-Museu de Arte Contemporánea de Florianópolis (Brasil).-Milán (Dalla mia fenestra).-Oslo (H2O, International Mail Art).-Ontario (Canadá) (Universidade de Windsor).
Colabora con: -Mani Art (Francia). -Art-life (USA). -Edition Bauwagen (Alemaña). -Leopold Bloom (Hungría).-Copy- left (Suiza).