Fernando Vázquez Arias


Categoría: Director de orquestra e profesor
Data de Nacemento: 12 de outubro de 1957
Lugar de Nacemento: Melide (A Coruña)
 Currículum

Estudiou dirección de orquestra e coros, composición, trompeta e piano nos conservatorios de A Coruña e Madrid. Gañou o premio de honor fin de carreira, outorgado por primeira vez nun conservatorio galego en 1985. Compuxo numerosas obras sinfónico-corais, piano e voz para varios grupos de cámara. Dirixiu distintas orquestras sinfónicas galegas, nacionais e internacionais como: Xove Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica da RTVE, Virtuosos de Moscova, Orquestra Filharmónica de Moldova, Camerata de Porto, Orquestra de Cámara da Coruña, Filharmonia Bohuslava Martinú (República Checa), Orquestra de Cámara de Kishinev (R. Moldava), entre outras. Os seus concertos foron gravados por TVE, Antena 3 TV, Telecinco, TVE e diversas emisoras de radio.

 Obras realizadas

Realizou 12 arranxos sinfónicos sobre música popular galega (encargados pola Xunta de Galicia). En 1997 foi nomeado director da Escola de Práctica Orquestral (IGAEM, Xunta de Galicia). Creou os festivais Voces xacobeas e Voces no Camiño de Santiago. É o autor das produccións: “Homenaxe á copla”, “Homenaxe á música do cine”, “Catro décadas para un musical” ou a "Antoloxía da Zarzuela".

 Outros datos de interese

É profesor de composición no conservatorio superior da Coruña, director do conservatorio municipal de Melide e membro da comisión de música da cidade da cultura.