Carlos Quiroga


Categoría: Profesor
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É Profesor na Universidade de Santiago.

 Obras realizadas

Publicou G.O.N.G. -mais de vinte poemas globais e um prefácio esperançado (1999), Periferias (1999, Premio Carvalho Calero de narrativa, publicado en Brasil en 2006), A Espera Crepuscular (2002, primeira parte da triloxía Viagem ao Cabo Nom), il Castello nello Stagno di Antela - O Castelo da Lagoa de Antela (2004, Premio de Teatro infantil na Mostra de Ferrol - Terra en 1988, publicado en Italia en galego e italiano), O Regresso a Arder (2005, terceira parte de Viagem ao Cabo Nom), Inxalá (2006, Premio Carvalho Calero de narrativa), Venezianas (2007).
Fundou varias revistas (como O Mono da Tinta, 1987-1991) e é o actual director da Agália. Bolseiro de investigación da Fundación Calouste Gulbenkian (1991-92), do actual Instituto Camões (1992-93), e da Universittà Italiana per Stranieri (1983), foi premio extraordinario de doutorado, profesor de Lingua e Literatura Galegas, e o primeiro profesor de Portugués en E.O.I. en Galiza, antes de traballar na universidade.
É autor de traballos de variada índole, de carácter creativo, académico ou divulgativo e colaborou en xornais, actas de congresos e revistas de Galiza, Brasil, Portugal, Alemaña e Italia. Participou en encontros, conferencias, mesas redondas en variadas xeografías especialmente do estranxeiro e foi organizador dalgúns eventos do mesmo tipo en Galiza (Escola Oficial de Idiomas da Coruña, Facultade de Filoloxía de Compostela, nos tres Trasatlántico- Encontro de Escritores na Finis-Terrae, no Galego no mundo- Latim em pó organizado ao amparo da Capital Europea da Cultura 2000, no Portugal Hoje, etc…).