Amado Caride Ramos


Categoría: Pintor e deseñador
Data de Nacemento: 11 de abril de 1945
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986266298
Fax: 986373129
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

-Estudios Básicos, cultura xeral, 1º curso en Artes e Oficios de Vigo. Autodidacta, dous anos en Estudios Artísticos ERAL (Porta do Sol - Vigo) Con Ernesto Bao, Illescas, Secundino Diz, Granell, Ilarri, etc... -Catro anos no Departamento de Deseño e Pintura de Álvarez, Fábrica de Porcelana en Cabral-Vigo, co Sr.Fuentes, Romero, Mariano, Augusto, Piñeiro, Mercedes, etc... -Dous anos en Publicidade Palacios - Vigo, con Isidro Palacios, Raúl, Agustín, José Piñeiro, etc... e actualmente en GRAFINSA Gráficas del Noroeste, S.A. Vigo, onde desenvolve o seu labor creativo no departamento de Deseño e Técnica como Director creativo, enfocado cara ó deseño do Packaging e a súa publicidade, colaborando e deseñando para marcas como Licor del Polo, Mac Donald's, Garavilla, Rianxeira, Connorsa, Nabisco, Escurís, Star, Petit Navire, Calvo S.A., etc... -Foi asociado do ADG FAD, ICOGRADA-Barcelona, e da Asociación de Deseñadores Galegos. As súas actividades de Deseño e artísticas, pasaron por utilizar múltiples materiais en diversas especialidades, plumiña, pincel, lapis, cera, óleo, acuarela, tintas, esmaltes, pigmentos sobre cerámica, Guasch, aerografía e por último ordenadores. Premios en Carteis, fotografía e logotipos 41; deles 25 primeiros premios nacionais, deseños de logotipos, carteis, folletos, calendarios, packaging e fotografía, son innumerables por encargo directo, igual ca calquera deseñador gráfico.

 Obras realizadas

Algunhas obras realizadas: - Cartel do "Festival Bahía de Vigo, 1971". - Logotipo "Frigsa" 1981. - Mascota Sede Vigo, "Mundial 82". - Mascota Anagrama "Ano Santo 1982". - "IV Semana de Cine de Lugo" (1982). - Logotipo "Dirección Xeral de Tráfico" (Accésit). - "LXVIII Campionato Nacional Atletismo 88". - "Logotipo Connorsa". - "XXIX Copa da SM a Raíña 1991" (Baloncesto). - Cartel "Ano Internacional da muller atleta 98". - Cartel "Asociación Empresarios de Artes Gráficas de Galicia 99". - Linea de Packaging "Cabo Peñas".