Juan Antonio Cadenas Dapena


Categoría: Profesor, crítico de teatro, ensaista e guionista
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Teléfono: 609129721

Opinión
 Currículum

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense (1972), doutorouse na mesma universidade en 1977. Ademais, realizou o Curso de Adaptación Pedagóxica (1981), un curso de actor de doblaxe na Escola Oficial de Cine (1974-75), cursou 1º e 2º curso de Filosofía na Universidade Complutense (1970-71) e estudiou Náutica na Escola Oficial de Náutica (1961-64). Foi mestre e organizador de actividades culturais e teatro infantil en varios colexios de Madrid (1967-73) e mestre de Cine-Vídeo na Universidade Popular de Alcorcón (1983), na Universidade Popular de San Sebastián de los Reyes (1990-92), na Escola de Formación ETG de Cidade Real (1991-92) e no Centro Municipal da Xuventude de Valdepeñas (1992-93). Desde 1963 é actor de teatro, cine, TV e radio, director e crítico de teatro, ensaista de teatro e cine, guionista de Cine, Vídeo e TV (varias produccións e films de curta e longa metraxe para Antena-3, ETG Televisión, El Alacrán P.C., Deputación de Cidade Real…). Foi bolseiro en Radiotelevisión Española (1975), na Academia Española de Belas Artes de Roma (1974-75) e na Fundación Juan March (1975-76).

 Obras realizadas

Desde o punto de vista das artes plásticas, participou en varias exposicións individuais e colectivas: Chatteaurenault (Francia, 1965), exposición colectiva ARTI (Madrid), Certame Nacional de Debuxo Pancho Cossío (Santander, 1971), IV Bienal Cidade de Zamora (1977), Exposición Individual Galería Damma (Madrid, 1979), V Bienal de Pintura Cidade de Zamora (1979), Premio Adaja (Colectiva. Ávila, 1980), IV Bienal Internacional das Artes Plásticas (Col – Pontevedra, 1980), finalista no Premio Vieira de Humor (Humor Gráfico. Pontevedra, 1981), Galería Arte Galicia (Colectiva subastada. Ferrol, 1983), colaboracións de humor gráfico nas publicacións “Escaparate Libertario” e “Cuadernos de Humor” (1977-90), Premio Cidade de Barbastro de Humor Gráfico (Colectiva, 1995). Desde o punto de vista literario, escribiu críticas e ensaios para a revista “Gaceta Universitaria” (1968-71), ensaios sobre novas tendencias teatrais e fílmicas (1969), poemas soltos editados en Nova Europa (Luxemburgo), Vento Novo (Italia), Silarus (Italia), etc e radiados en La Voz de Madrid, COPE Valladolid, colaboracións xornalísticas en Radio Exterior (1977) e colaboracións de humor en “Cuadernos de Humor” (1990-91).
Dentro da súa filmo-videografía destacan fundamentalmente os films Viaje (1969), Conversaciones (1970), Ceremonia (1970), Pneumaton (1971), Crónica de un desnudo (1973-74), “…!…” (1975), Rompecabezas (1975-76), Una tía que sale un ratito al final (1978), Los genicuales entre paréntesis (1979), Película (1980), El invento (1980), Navda (1982), Berenice (1982), Zaragata (1982), La Caca (1984), La ruta de China (1985), Resaca (1985), Tráfico y traficantes (1988), Reflejo (1988) e as vídeo-reportaxes La Aventura de la Mancha (1993), El Pabellón Ferial de Ciudad Real (1993), Invitación a la Mancha (1994), Investidura de la Corporación P. (1995) e La uva, el fruto prohibido (1996). Foi guionista colaborador na serie Los ladrones van a la oficina, (Antena3, 1991-92) e asesor en Vía Dixital para a Financiación de Películas de producción española.

 Outros datos de interese

Conseguiu o primeiro Premio de Ensaio SILARUS (Teatro, Italia, 1971) e foi finalista no Ramón Llul de contos (Palma, 1967 e 1969), no Cidade de San Sebastián de contos (1968) e no Ateneo Valladolid de novela (Valladolid, 1987). Ademais, foi galardoado co 1º Premio Cidade de Alcalá (Alcalá de Henares, 1973), 1º Premio do VII Certame Cine de Humor (A Coruña, 1979), o Premio Especial Cualidade (Ministerio de Cultura, 1982), o 2º Premio e o premio especial á mellor linguaxe cinematográfica do XXXVI Certame Nacional do C.E.C. (1973) e foi finalista no I Certame Nacional de Cine de Vanguardia (Madrid, 1974), no Vieira de Humor (Pontevedra, 1981). Así mesmo, foi invitado a numerosas mostras e festivais de cine.
Foi membro do xurado no I Certame Nacional de Cine Cidade de Zamora (1977) e no I e II Certame Nacional de Video Novo de Cidade Real (1994 e 1995), moderador na I Semana de Cine Español dos 60 de Zamora (1978) e organizador de Mostras de Cine: VI, VII e VIII Xornadas de Cine Independente de Madrid (1979-81). Foi secretario xeral da Federación de Teatros Universitarios (1965-66) e participou no I Congreso Teatro Novo de Valladolid (1966), no I Congreso de Teatro para a Infancia e a Xuventude (Barcelona, 1967), no I Festival de Teatro Universitario (Valencia, 1967) e no British Institute de Madrid cunha conferencia sobre Autoteatro (1968).