Fernando Gómez Jácome


Categoría: Músico
Data de Nacemento: 11 de xuño de 1967
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Á idade de 15 anos introdúcese na música coral de man do P. Xosé Castiñeira Pardo, cantando no Orfeón Lucense. Estudia Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Trala súa licenciatura pasa a dirixi-la Escola de Canto "Xosé Castiñeira". No ano 1992 participa na Zarzuela Galega "Non Chores, Sabeliña", facendo o papel de "Xastrico". Neste mesmo ano e chamado para dirixir a Coral do Hospital Xeral-Calde, e funda con outros compañeiros/as o grupo vocal "Sólo voces", co que ten logrado numerosos éxitos. Ten recibido ensinanzas de mestres no eido da música coral como: Javier Busto, Julio Domínguez, Fernando Eldoro, Carl Hogset, Dante Andreo, Manel Cabero (dirección), ou Montserrat Pueyo, Lola Bossom, Anton de Santiago (canto).

 Obras realizadas

En 1998 puxo en funcionamento o coro universitario no seno do grupo de creación musical da USC (GECEMUS). Dirixiu este coro durante cinco anos, realizando importantes concertos e formando musicalmente a universitarios. Desde setembro de 1999 dirixe o "Conxunto Vocal Lugh", creado no seno da asociación Xungalú (Xunta de Galicia en Lugo). Con "Sólo Voces" ven desenvolvendo unha intensa actividade musical, da que merece destacarse: -Concertos de música sacra que organiza en Lugo, ininterrompidamente desde 1994, con motivo da Semana Santa. -1995: Primeiro premio no Certame Galego de Corais, organizado pola TVG e a Xunta de Galicia, dotado cun millón de pesetas (cando tiña tres anos de existencia, competindo cos mellores coros de Galicia). -1996: Primeiro premio de interpretación no Memorial "Anselmo Iglesias" en Ourense. -1998: Segundo premio no XV Certame Internacional de corais "Villa de Avilés" e premio especial á "Simpatía e imaxe". -2000: Primeiro premio no III Certame de Corais de Galicia "Villa de Marín". -2000: Diploma de ouro na modalidade de coros mixtos pequenos, no 10º Festival de Advento, celebrado os días 1, 2 e 3 de decembro en Praga (República Checa). -2002: Concerto na cidade austríaca de Salzburgo, en decembro, na igrexa dos Franciscanos. Este concerto ó que foron invitados supuxo un importante paso para o colectivo: Salzburgo é un inmellorable referente da música clásica e a igrexa dos Franciscanos é un lugar onde Mozart, oriúndo desta cidade, tocou en innumerables ocasións. -Ten gravados dous CDs, un co título de "Cantares", con arranxos de temas sudamericanos, espirituais e música moderna e outro, conxuntamente coa Orquestra Municipal de Xove, con obras de Xoan Montes e outros autores lucenses, titulado "Clásicos Gallegos. Volumen 1". -Presentación dun libro de José López Calo, conxuntamente coa Orquestra Municipal de Xove e o pianista Aurelio F. Chao (habitual colaborador), sobre Xoan Montes. A ampla e semidescoñecida obra deste sobranceiro músico e compositor lucense, deuse e segue dándose a coñecer por impulso de Fernando Gómez Jácome. - Foi nomeado Lucense do Ano, 2003.

 Outros datos de interese

Ten impartido cusos de técnica vocal para diversas institucións, así como para a Universidade de Santiago de Compostela ou a da Coruña. Foi nomeado “lucense do ano” no ano 2003.