Luis de Trelles y Noguerol


Categoría: Avogado, político e xornalista
Data de Nacemento: En 1819 (†1 de xullo de 1891)
Lugar de Nacemento: Viveiro (Lugo)
 Currículum

Foi catedrático do Notariado na Coruña e impartiu clases de Dereito Civil na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Foi deputado en Cortes. Foi elixido comisionado ministerial para o intercambio de prisioneiros da guerra (Terceira Guerra Carlista). Na súa vida profesional exerceu a avogacía, como avogado de pobres. Dedicouse especialmente, á xente máis necesitada e marxinada pola sociedade. Fundou en Viveiro (Lugo) a "Conferencia de San Vicente de Paul".

 Obras realizadas

O 1 de xaneiro de 1.870 publicou La lámpara del santuario.

 Outros datos de interese

En 1.941 os seus restos foron trasladados á Igrexa de San Esteban de Zamora e en 1.991, no centenario da súa morte, trasladáronse á catedral de Zamora. O proceso para a súa beatificación iniciouse en 1994. Luis de Trelles, foi o fundador da A.N.E (Adoración Nocturna Española). En 1.872 inaugurou o Centro Eucarístico de Madrid. Nos anos seguintes fundou seccións en Zaragoza, Valencia e en distintos pobos da provincia de Valencia.