Benito Regueiro Varela


Categoría: Farmacéutico e microbiólogo
Data de Nacemento: 23 de outubro de 1917 (†13 de novembro de 2001)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Despois de quedar orfo con dez anos, foi vivir a Madrid á casa de seus tíos. Tras finaliza-lo bacharelato, empezou a prepararse para presentarse ás oposicións de Aduanas pero os seus estudios víronse interrompidos co inicio da Guerra Civil. Tras ser liberado de prisión, comezou a estudiar Farmacia e ó finaliza-la guerra acabou os seus estudios con premios extraordinarios de fin de carreira e de doutoramento, realizando a súa tese "Fragmentación ensímica de la lignina". Ós 32 anos obtivo a cátedra de Microbioloxía en Santiago, que desempeñou ata o seu falecemento. Benito Regueiro desempeñou varios cargos, entre os que se poden destacar: Xefe da sección de Microbioloxía do CSIC en Santiago, decano da Facultade de Farmacia, vicerrector de Investigación da USC e presidente e vicepresidente da Sección Rexional do Noroeste da Sociedade Española de Microbioloxía.

 Obras realizadas

Benito Regueiro foi autor de moitos traballos científicos. Realizou investigacións sobre bacterioloxía clínica e inmunoloxía no Central Public Health Laboratory e no Lister Institute de Londres, sobre bioquímica de antibióticos na Universidade de Wisconsin (EE.UU.) e sobre encimas de microorganismos na Universidade de Kansas.

 Outros datos de interese

Foi membro das Academias de Medicina e Ciencias de Galicia, da Nacional de Medicina e de varias sociedades científicas españolas e estranxeiras como a Society American Microbiology (EE.UU.) e a Society for General Microbiology (Inglaterra).