Da primeira promoción de Xornalistas da Escola Oficial de Xornalismo, comezou a profesión en Faro de Vigo e en Voluntad de Gijón. En 1955 pasou a dirixir o diario Proa e Hoja del Lunes de León ata 1961 que se traslada a Xixón para dirixir Voluntad e posteriormente a Córdoba, onde dirixiu o xornal Córdoba, ata a súa xubilación, cidade onde faleceu en 2005.
Federico Miraz fundou e dirixiu en León a emisora La Voz de León da cadena REM , contando coa colaboración do poeta Luis López Anglada e o seu paisano Joaquín Nieves, emisora que se instalou nunhas dependencias de Proa.
Presidente da Asociación da Prensa Leonesa e vicepresidente da Federación Nacional de Asociacións da Prensa de España, durante a súa etapa en León incorporou á emisora a Paco Umbral e Luis del Olmo que á sazón era correspondente de Proa en Ponferrada.
Contou cun equipo de redactores veteranos entre os que se encontraba o mítico "gran sordo" Carmelo Hernández Moros ("Lamparilla"), Ricardo Aller Pavia, Ricardo Gavilanes Cubero, Restitututo Clerigo Santamaría, Manuel Valdés Marco e mozos das promocións da E.O.P. como Ángel Ríos Suárez, Óscar dos Santos Vaquiñas, Joaquín Nieves López e Francisco Pérez.
A vinculación á súa terra galega invitábao a realizar frecuentes viaxes a Ferrol, Vigo, Verín e A Coruña.