Carlos García Ramírez


Pseudónimo:Carlos Maño
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1960
Lugar de Nacemento: Zaragoza
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

En 1978 inicia a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios ‘Mestre Mateo’ (Santiago de Compostela) e ó ano seguinte estudia debuxo e pintura con Armando Guerra e comeza a súa formación en talla e policromía na Escola de Artes e Oficios (Vigo). Completa a súa formación no taller do escultor e pintor Guillermo Steingbrüggën. En 1983 obtivo unha bolsa da Deputación de Pontevedra.

 Obras realizadas

Entre as exposicións individuais que realizou destacan: Sala Alma (Vigo, 1978), Sala Satchmo (Vigo, 1979), Liceo Marítimo (Vilagarcía de Arousa, 1983), Centro Cultural Cidade de Vigo, ‘Mencer de figuras’ (Vigo, 1985), Liceo Marítimo (Vilagarcía de Arousa, 1985), Galería Sargadelos (Santiago de Compostela, 1986), Ifema: Pabellón ‘Kaal-Mogar’ (Madrid, 1991), Escola Oficial de Idiomas, ‘Xornadas Culturais’ (Vigo, 1993), Foro Atlántico de Arte Contemporáneo (Galería Alameda), Pazo de Congresos e Exposicións, (Santiago de Compostela, 1995), Sede Confederación de Empresarios (Vigo, 1997), E.C.M (Espace de Comunication Medical, Bruxelas, 2000), Castelo de Soutomayor (Pontevedra, 2002) e Galería Alameda (Vigo, 2002).
Realizou as seguintes exposicións colectivas entre 1978 e 2002: Escola de artes ‘Mestre Mateo’ (Santiago de Compostela); ‘Colectivo Andacio’; C.O.S.A.L. Centro Cultural ‘Cidade de Vigo’ (Vigo); Bienal de Pontevedra (Pontevedra); Certame Caja Postal (Madrid); Festival de poesía do Condado (Ponteareas); ‘Ollando cara o mar’ e ‘Artistas Arousans’, Casa do Mar (Vilagarcía de Arousa); ‘Alternativas 80- Artistas galegos na fronteira’, Castelo de Salvaterra; ‘Deseño e arte inmediata’, Fexdega (Vilagarcía de Arousa); ‘Cara ó futuro-Outros artistas galegos’, Centro Cultural ‘Cidade de Vigo’ (Vigo); Bienal de Pontevedra (Pontevedra); 1ª Bienal Fundación Aragüaney (Santiago de Compostela); II Mostra Unión Fenosa, Estación Marítima (A Coruña); ‘Novos Valores 1982-1991. Memoria dunha década’ Teatro Principal (Pontevedra); ‘Círculos’, Consellería de Cultura (Vilagarcía de Arousa); ‘Coincidencias’ (itinerante), Consellería de Cultura, Xunta de Galicia; ‘Homenaxe a Sevillano’, Sala Digamel (Vilagarcía de Arousa); ‘Indefinibilidades’, Convento dos Lóios, Museu Principal de Santa María da Feira, Porto (Portugal); ‘Colectiva de Outono’, Galería Alameda (Vigo); ‘Projecto Pluralidades’, Auditorio Municipal de Vila do Conde (Portugal); ‘Colectiva de Outono’, Galería Alameda (Vigo); ‘Ars Saliniensis’, Centro Comarcal Expo Salnés (Cambados); ‘Xoguetes de artista’, Galería Arcana (Vilagarcía de Arousa); ‘Colectiva de Verán’, Galería Alameda (Vigo); ‘Mostra de Arte Contemporáneo’, Chaves (Portugal) e ‘Colectiva de Invierno’, Galería Alameda (Vigo).
Realizou as seguintes edicións de augaforte: ‘Amantes’, ‘Génesis’, ‘Génesis I’, ‘Génesis II’, ‘Génesis III’, ‘O cuarto dos Xoguetes’, ‘Atelier’, ‘Outono (paraíso), ‘Suite’, ‘Poblado astral I’, ‘Poblado astral II, ‘Fénix I’, ‘Fénix II’, ‘Elegía’, ‘A muller mariposa’, ‘Iconos I’, ‘Iconos II’, ‘Iconos III’, ‘Mariscando’ e ‘Cormorán’. Tódalas edicións de augafortes están realizadas completamente, incluíndo a estampación, polo autor no seu estudio.
Publicou ‘Nómadas’ (Vilagarcía, Pontevedra. Edicións: El Pirata Merodea, 1996) e ‘Caracoes por um fío’ (Edicións: El Pirata Merodea, 1998).

 Outros datos de interese

Formou parte do taller ‘TRESARTE’ de deseño de mobiliario e iluminación e de ‘KAAL’, empresa dedicada ó deseño de mobiliario.