Comezou a traballar na Administración na Coruña, colaborando cos xornais da cidade, especialmente no Diario de La Coruña, que dirixiu. Posteriormente, foi destinado a Madrid, onde colaborou en xornais como El Museo Nacional e La América. Tamén dirixiu El Correo de las Antillas.
Realizou moitos traballos sobre costumes, monumentos e tradicións españolas pero non foron recollidos en ningún libro.
Nos primeiros Xogos Florais de Galicia, celebrados na Coruña en 1861, obtivo o primeiro accésit polo seu poema A la Religión.