Licenciado en Dereito, tamén cursou estudios de Maxisterio, Tocoloxía Forense e Antropoloxía Cultural. Foi Comisario Xefe de Policía en Madrid e Vigo e, na actualidade provincial de Ourense. Membro do Instituto de Estudios Vigueses, do Padroado da Fundación dos Premios da Crítica, do Consello da Fundación Otero Pedraio, da Fundación Faustino Santalices , voceiro da Fundación dos Amigos da Universidade de Vigo e xuíz honorario do Couto Mixto. Foi elixido galego do mes de El Correo Gallego en setembro de 2000 e pregoeiro do día das Letras Galegas en Vigo no ano 1999..
De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense, Ministerio del Interior, 1986, La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense, en Boletín Auriense, Anexo 11, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1988, Miño, ¿existiu unha fronteira?: apuntes históricos, xurídicos e sociolóxicos, Galaxia, 1993, O lume de Santo Antón, Xerais, 1997; Alianza, 2002, Las boticas de Vigo y el arte del oficio, 1998 egu, As plumas do moucho, Ir Indo, 1999, Couto Mixto: unha república esquecida, Universidade de Vigo, 2000, Menino morreu, Xerais, 2003. COLECTIVAS: Contos sen fronteiras, Eixo Atlántico do Noroeste peninsular, 1999, En galego agora e sempre, con Florentino Cuevillas e Ánxel Fole, Fundación Premios da Crítica de Galicia, 2002, Palabra por palabra, Contos da Policía, Ir Indo, 2003. Ademais, colaborou en Boletín Auriense, Boletín do Instituto de Estudios Vigueses, Eixo Atlántico, Lingua Viva, Tempo Exterior, La Voz de Galicia, La Región e Faro de Vigo. Participou coa reconstrucción fisionómica de Blanco Romasanta no libro O home do unto, Manuel Blanco Romasanta – Deputación Provincial de Ourense, 1991 e no estudio La droga en la población escolar no universitaria – Caixa de Aforros Provincial de Ourense.
Está en posesión de distintas condecoracións e graos das ordes do Mérito Civil, Mérito Policial e Mérito Naval.