Tomás Camacho Muelas


Categoría: Compositor e profesor
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudiou cos mestres Vicente Giner, José Tomás, Andrés Segovia, John Williams e Leo Brouwer. Foi profesor do Conservatorio de Música de Ourense. Actualmente é catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde foi director desde 1986 a 1995. Pasa a ocupa-lo cargo de director do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

 Obras realizadas

Ofreceu concertos en Europa e Asia: Londres, París, Bonn, Munich, Seul, Tokyo,... e participou en festivais internacionais como o "Dublin Arts Festival", "Festival de Guitare de Liege", "Andrés Segovia Festival"... Gravou para as televisións de Alemaña, Iugoslavia, Portugal, Francia e España. É invitado a ofrecer cursos e conferencias en España e noutros países de Europa.

 Outros datos de interese

Ás súas publicacións didácticas hai que engadir un CD sobre Leo Brouwer (editado por Several Records), un monográfico sobre J.S. Bach e unha gravación recente coa soprano Teresa Nova con música de Falla, Rodrigo e F. García Lorca. É autor da música da curtametraxe en galego "Soldado sen fortuna".